Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mulheres co mundo na cabeza

miércoles, 03 de noviembre de 2021
O sábado 6 de novembro, teremos en Guitiriz unha xornada con total protagonismo das mulleres. Será na Casa Habaneira dende as 18:00 horas.

Comenzarán coa inauguración da exposición fotográfica MULHERES, unha exposición de 160 fotografías de mulleres do rural de Mercedes Vazquez Saavedra que permanecerá aberta até o 24 de novembro. A fotografa e escritora Mercedes Vazquez Saavedra foi recentemente premiada como Arraiana de Honra en Entrimo e anteriormente tamén premiada no Couto Mixto pola súa labor de estudo da etnografía na raia con Portugal.
Mulheres co mundo na cabeza

Posteriormente, terá lugar unha mesa redonda coa participación das seguintes mulleres:

-Emi Cagiao, que tamén será presentadora e conductora do acto. Emi foi a recuperadora do antroido ancestral de Samede en Paderne sobre o que ten escrito um libro.

-Pastora Veres, autora do libro Lareira de soños, de Edicións Fervenza, froito dun intenso estudo antropolóxico na parroquia chairega dos Vilares.

-Mercedes Vazquez Saavedra, fotógrafa e investigadora con ampla experiencia no Mulheres co mundo na cabezamundo das máscaras e do rural.

-Adela Figueroa Panisse, bióloga, poeta, novelista, ecoloxista e feminista. Autora da novela "As mulheres da casa da Bouça da roupa estendida", recentemente editada por Edicións Laiovento.

-Encarna Otero, profesora, loitadora histórica do feminismo en Galiza, autora do documental "As mulleres co mundo na cabeza" realizado con mulleres do Pindo en Carnota.

Cinco mulleres que traballan na recuperación da nosa historia en diferentes ámbitos e sempre dende a perspectiva das mulleres, as grandes esquecidas nos relatos do noso pasado, relegadas do protagonismo. As cinco darán ás mulleres o papel que lle corresponde por defeito. Un acto que paga a pena disfrutar. Todas elas interactuarán co público asistente.

E para rematar a xornada, proxectarase o documental AS MULLERES CO MUNDO NA CABEZA, os camiños do Pindo de Encarna Otero, unha homenaxe ás mulleres anónimas daquela zona en Carnota.

A mesa redonda tamén será emitida en directo polo Facebook de Os Vilares Lareira de soños.

Os Vilares lareira de soños
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES