Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 03 de noviembre de 2021
Rachar o silencio
Rachei o silencio cun berro. E fíxeno desde o alto dos Castros. Pero tamén é verdade que xa berrara varias veces desde o campanario da igrexa de Baños de Molgas e desde o alto da Chaira. Que queredes, gústame berrar. Cando non estou calado, berro. Calado nin berro nin falo, claro. Ás veces berro porque o berro me sae de dentro, Pingas de Orballodesas asaduras ou entrañas que son como a conciencia. Outras veces simplemente berro porque me dá a gana e porque teño liberdade para berrar. Isto último hai que dicilo coa boca pequeniña, ou case en silencio, por se aquel. Algunhas veces neste país o de berrar en liberdade é fariña doutra muiñada.
Rachei o silencio co fío dunha machada. Foi o sábado, cando tiven que esgazar ou cortar uns cepos de piñeiro e de mimosas. Cando erguía a machada para o fatídico golpe, eu sabía que entre esta e o cepo só había aire e silencio. Cando a deixaba caer, oía como un asubío, como un zzzzz que non era outra cousa que estaba rachando o silencio. Todo era silencio ata que a miña forza bruta (que non é moita, pero é a que teño e, por certo, é miña) resgaba o espazo e o aire e un piollo se o collía por medio. Como quería pecar de chulo ou de parviño, por veces, ó quitar a machada miraba na fenda por se estaba alí o silencio separado en dúas partes (ou o piollo). Tamén con esa forza bruta berraba; para matar o paxaro (o silencio) con dous tiros: co berro e coa machada. Sempre fun máis listo cós demais; pois estes matan dous paxaros dun tiro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES