Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

sábado, 30 de octubre de 2021
Nin bandeiras nin fronteiras
Púxenme a andar ó ritmo dunha marcha militar americana. A verdade é que estes americanos sempre presumiron de patriotas. E si o son. Moito. Son tan patriotas que ata se escarallan entre eles. Participan practicamente en todas as contendas e masacres; propias e estrañas, ou sexa, de fóra. Despois esa bandeira deles e a biblia da súa conciencia. Ízana a un mastro e aí está e aí queda á súa maior gloria. Hai Pingas de Orballopatriotismos que son o credo das súas accións, dos seus actos. E cando o fanatismo asoma, despois pasa o que pasa.
Menos mal que eu nunca fun partidario de fronteira e, moito menos, de bandeiras. Ó mellor é polo que me gusta tanto o cosmos, o universo. Aí imaxino unha liberdade e unha expansión infinita. Deica o infinito e máis alá. Debe ser marabilloso percorrer a eternidade sen batallar e sen lle dar contas a ninguén.
Cando rematou o ritmo da marcha militar americana, xa levaba percorrido medio camiño. A outra parte completeina a base de darlle patadas ás belotas soñando que eran soldadiños de chumbo que estaban a traspasar e conquistar fronteiras. Logo de rematar cos soldadiños busquei alieníxenas para darlles a man e navegar xuntos por ese universo sen fin. Que demo, se se quere, a vida é bonita. Eu intento recoller as bandeiras para dobralas e gardalas en algún caixón deses mobles abandonados nos faiados, a onde case nunca subimos e que, co tempo, todo se esquece. Nin bandeiras nin fronteiras. Verdade que é unha ilusión bonita?

A folla dun caderno
Son a folla que alguén me arrincou dun caderno vermello. O malnacido nin se esforzou en engurrarme e tiroume toda lisa e enteiriña ó chan, para que agora alguén me pise ou para que un coche pase por riba de min e me borre todas as letras. Porque estou escrita. Non por completo, pero case (sempre hai un case para todo). Aínda non Pingas de Orballotiven tempo de lerme. E non sei se o conseguirei... porque un refacho de vento acaba de mandarme á estrada. Non sei canto tempo estarei sen que me esmaguen as rodas dalgún ou dalgúns coches. E, si, sinceramente teño medo a que se me borren as letras; aínda sen saber o que levo escrito. Ó mellor é algo bonito. Tamén pode ser unha crítica destrutiva ou fedorenta. Vai ti saber; hainos que escriben por escribir.
Sinto moita pena porque vexo un camión ó lonxe. Este seguro que non consegue esquivarme. Non sei se empece a preparar xa a miña propia necrolóxica. Que carraxe, non saber o que levo escrito. Mira que se é unha carta de amor. Iso seguro que non. Agora iso xa non se estila. Outro refacho de vento mandoume agora á beira dun sumidoiro. Ale, carallo; que será peor, caer no sumidoiro ou morrer esmagada polas rodas do camión. Aínda que, agora, deste creo que libro. Pero que non haxa máis vento, por Deus, que xa me vexo nas cloacas e, aí, si que xa se me borraría todo. E acabaría rompendo. Que alguén se achegue, por Deus, que me colla con agarimo e que me garde nun bolso ou no peto dun pantalón. Dáme que levo escrito algo bonito.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES