Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 28 de octubre de 2021
O camiño equivocado
Non tardei dous minutos en saber que collera o camiño equivocado. Os heroes ás veces tamén erramos, tamén metemos os pés polas mangas. Tampouco é plan de ser infalibles diariamente ou sempre. Se fora sempre polo mesmo camiño teríao máis que mallado. De cando en vez é bo probar novas vías. Pero pola que collín, errei. Maldita sexa!
Pingas de Orballo Non por iso me alterei. Aínda que son moi nervioso, moi inquedo, cando quero, ou sexa, cando me dá a gana, tamén son moi calmo. Son tal calmoso que o adxectivo colle o significado de indiferenza. É dicir, que me dá igual coller o mal camiño, pois tan axiña como asome outro, cólloo e xa está. Que aínda é peor? Optamos máis tarde por outro. Así ata que me perda pola tranquilidade da travesía. A min non me derrota así como así calquera atranco. Xa teño dito máis veces que os arrodeo, que os escalo ou que os salto.
Errar na escolla dun camiño tamén é bo. Serve de experiencia para outras ocasións. Díxose sempre que a base de paus apréndese. Eu de paus sei moito. Porque mos deron, non porque os dese. Pódese dicir que estou encalecido, que teño o lombo cheo de experiencias, con marcas do pasado e con esperanzas de futuro. O meu futuro seino ben: que se tardei dous minutos en errar co camiño escollido, ós seguintes dous minutos xa transitarei por outra senda. Desta aínda non podo falar. Entón, mentres, seguirei camiñando por ela e a ver que acontece.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES