Superarse no día a día
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 28 de octubre de 2021
A vida do ser humano é unha senda que comeza o día do nacemento e remata o día que pasamos á outra vida.
Nacer á vida é o mellor regalo que se nos pode facer.
Sabemos que ese regalo ten unha data de caducidade, pero non sabemos nin o día nin a hora que caduca.
Tampouco temos que pensar na data de caducidade, temos que pensar en VIVIR E DEIXAR VIVIR.
Vivir ten un significado moi amplo.
Todos queremos sacarlle partido á vida.
Desde reciéns imos aprendendo tódolos días.
Se obervamos un bebé comprobamos como quere manexarse por si só, como quere explorar o seu entorno, como vai facendo descubrimentos cada día.
E gozamos vendo como vai medrando a criaturiña.
Co paso do tempo imos collendo máis autonomía, queremos ser donos do nosos actos, donos da nosa vida...
Queremos ser independentes, queremos ser maiores de idade, queremos rexir o noso destino e incluso o destino do noso país...
Trátase de superase cada día.
Pero superarse cada día tén o seu prezo.
Esixe esforzo, dedicación, renuncia e moito máis, porque:
"A VIDA É UNHA GRAN ESCALADA".
Todos queremos ascender.
Estamos chamados á transcendencia.
Non somos de aquí.
Esta vida é como unha pasarela na que todos temos que desfilar para chegar á meta.
Para chegar á meta hai que superar moitos obstáculos, algúns sumamente difíciles.
A vida esixe moitos actos heroicos, moito suor e moitas bágoas; pero merece moito a pena:
-¡Felices as persoas que teñen afán de superación!
-¡Felices as persoas que ven a vida con optimismo!
-¡Felices as persoas con tesón!
-¡Felices as persoas loitadoras!
-¡Felices as persoas que sempre están dispostas a seguir!
Afortunadamente hai moitísimas persoas con afán de superación, tamén as hai moi optimistas, outras que non paran ata que conseguen os seus soños e outras que teñen os ánimos sempre a punto:
-Son as persoas exemplares.
-Son as persoas santas.
-Son as persoas que sempre teñen ganas de aprender algo novo.
¡HAI TANTO QUE APRENDER!
Xa din alí:
"Esta a vella morrendo e está aprendendo".
De feito canto máis se aprende máis ganas se teñen de seguir aprendendo.
O primeiro que hai que aprender é a ser persoa.
Aprender a ser PERSOA xa leva toda a vida e aínda se nos fai corta.
A min chámanme moito a atención os cantos rodados das praias ou dos ríos.
¡Qué harmonía crean uns cos coutros cando os acaricia a auga!
¡Que musicalidade!
¡Que brillo!
¡Que dozura!
¡Que colorido cando os iluminan os raios do sol!
¡Canta fermosura!
¡Canta paz...!
É unha delicia disfrútalos a calquera hora do día; pero principalmente polo serán...
Conseguiron esta beleza tan abraiante a base de:
-Moito "roce" entre eles.
-"Convivencia" ó longo do tempo.
-Deixarse "acariciar" polas ondas do mar ou pola corrente dos ríos.
-Deixar fluír
¡QUÉ EXEMPLOS NOS PON A NAI NATUREZA!
Só hai que "saber ler" o que nos quere dicir.
"SABER LER"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora