Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eu son da Galicia profunda

miércoles, 03 de noviembre de 2021
Antes de dar a miña opinión sobre a polémica da semana, direi que nada ten que ver co auto da xuíza nin coa súa resolución. Non teño datos suficientes nin coñecementos xurídicos para valorar se o menor ten que estar nun lugar ou noutro. Ademais, presúmolle á señora xuíza coñecementos dabondo para tomar unha decisión xusta. Como lle presupoño estes coñecementos, tamén lle presupoño un nivel de vocabulario alto e un nivel de expresión oral e escrita máis que óptimo para non botar man nos seus autos de tópicos vulgares, que poden deslucir a sentenza e somerxela nunha polémica totalmente innecesaria.

Tendemos a pensar que os tópicos son parte da cultura. Ao mellor é así pero hai que ter en conta que a cultura xeral tamén ten unha parte vulgar, mítica que ás veces denigra a unha determinada parte do país ou da poboación. Evidentemente, crendo na liberdade de expresión, non podemos evitar a utilización do tópico e desta parte vulgar que, a min persoalmente, me gustaría que morrera para sempre. Agora ben, unha cousa é facer uso da liberdade de expresión e outra saber cando estamos a falar ou a escribir nun entorno ou para un entorno profesional, que require un rigor e unha seriedade que non se pode permitir este tipo de vulgaridade.

Alén disto, espertou en min, de novo, a forza da identidade, que me leva a declararme fillo, habitante e militante da Galicia profunda. Nesta Galicia cada nome importa e a comunidade latexa ao ritmo de cada corazón. Se hai unha barreira, adáptase. Se hai un sufrimento, compártese. Se hai unha ledicia, celébrase. Se hai unha necesidade, cóbrese. Se morre alguén, a comunidade implícase.

Loitamos xeración tras xeración, por saír adiante (como tantos outros) e, si, somos xente profunda, de valores firmes, de tradicións ancestrais, de contos infindos, de innumerables cancións e de historias persoais e colectivas que nos fan únic@s. Somos profund@s e iso nos sitúa alá onde nace a vida: os xermolos das arbores, os cachóns da auga máis fresca, o máis bravo mar e tantas pedras milenarias.

Que pena que frívolas superficialidades non lles permita gozar de tanta fondura que nos ilumina.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES