Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Folión dos Carros e maila Feira do Viño de Chantada (5)

miércoles, 03 de noviembre de 2021
Outras festas da Vila de Chantada
Dende antano, esta vila disfrutou dunha serie de festas, algunhas desaparecidas no intre actual e outras aínda vixentes. Destas últimas, convén distinguir a festividade do Corpus só dende o ámbito relixioso. Consta de dous actos: a misa solemne e, logo, a procesión do Santísimo que pasa por riba dunha alfombra floral, construída nos accesos á igrexa parroquial por algúns fregueses da vila. A modo de referencia, facemos mención á alfombra floral que se realizou no ano 1998 e que constaba dos seguintes elementos: unha custodia, unha hostia, unha pomba e unha diversidade de grecas; os materiais utilizados foron serraduras e pétalos de rosas de cores branca, rosa e vermella.

O domingo de Pascua conmemórase a procesión do encontro da Virxe con Xesús resucitado. Nesta data, tamén, sae o Santísimo, por dispensa especial, como ocorre nalgúns outros lugares, caso da parroquia de S. Pedro Fiz de Robra, pertencente ó concello de Outeiro de Rei e diócese de Lugo.

Entre as festas desaparecidas, compre citar, en primeiro termo, a festa relixiosa, coñecida como "A Historia e o Misterio", na que tanto nenos como adultos da vila, escenificaban os temas máis relevantes da Biblia. Esta festa foi iniciada nos comezos do século XIX, polo párroco D. Anastasio Moreno. Tiña unha área de influencia moi importante, xa que acodían fregueses das diferentes parroquias de Chantada e dos concellos limítrofes, como Carballledo, Monterroso, Taboada etc.

En tempos, tamén, se celebrou a festa da Sta. Mariña, que era a patroa da vila. Segundo, Gómez Montero, na misa solemne da festividade, o párroco, no intre do ofertorio, volvíase ós fregueses cun ramo de loureiro e flores, e pedía algúns voluntarios para que a festa da santa poidese seguir celebrándose no ano seguinte. Os autonomeados quedaban obrigados á asistir á procesión do presente ano polas rúas principais da vila, colocados detrás dos cregos concelebrantes e diante da banda de música.

Finalmente, durante tres días realizábanse os festexos adicados ó S. Antonio de Padua. O espazo utilizado era a praza de España, onde tiñan lugar diferentes actos de índole profana, que adquiriron moita relevancia, ata o punto que estas festas chegaron a rivalizar coas do Carme.


SUXERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS:
CASALDERREY, Fina e GARCÍA, Mariano. Festas gastronómicas de Galicia, Vigo: Ed. Xerais, 2ª ed, 1995, páxs. 92-97.
COSTA GÓMEZ, A. Voz "Folión de Chantada", en G. Enciclopedia Gallega, t. XIII, Silverio Cañada, Santiago-Gijón, 1974, páx. 124.
GÓMEZ MONTERO, Ángel. Chantada. Corazón de Galicia, León: Ed. Everest, S.A., 1991, páxs. 106-114.
GONZÁLEZ REBOREDO, Xósé M. Guía de Festas Populares de Galicia, Vigo: Galaxia, 1997, páxs. 207- 212.
QUINTANA GARCÍA, Antonio. "Chantada", en GALICIA pueblo a pueblo. La Voz de Galicia S.A, 1993, páxs. 473-476.
VALCÁRCEL, Xulio. No corazón de Galicia. Viaxe polas terras de Chantada e a Ulloa. As Viaxes, 4, Vigo: A Nosa Terra, 2001, páxs. 116-122.
VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, Xosé Manuel. "Cerimonias de Véspera. Os Folións na Ribeira Sacra", en Boletín do Museo Provincial de Lugo. V. 1. T. VIII, Deputación Provincial de Lugo, 1997/98, páxs. 273-290.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES