Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Folión dos Carros e maila Feira do Viño de Chantada (4)

miércoles, 27 de octubre de 2021
III. Consideracións sobre "O folión dos Carros" e "A Festa do Viño de Chantada"
As festas do Carme de Chantada, celébranse tódolos anos a finais de agosto, tomando como referencia o último domingo. Entre os actos que se levan a cabo, distinguimos, dun xeito preferente, o folión dos carros e a festa da empanada, que constituen, en gran medida, un referente importante destes festexos.

O folión dos carros reflicte diferentes actividades e situacións da vida cotiá, que tiñan lugar noutrora, tanto no medio rural da comarca chantadina como na propia vila. Xa Vázquez Rodríguez poñía de relevo o carácter mimético, tanto das labores agrícolas como dos oficios da vila, que ten o folión. Por outra banda, as persoas pertencentes á antigos ámbitos sociais imitaron as tarefas máis comúns da vida nas súas festas. Este calco, suxeito a regras e variacións, foise transmitindo no decurso dos anos a novos marcos sociais.

Esta volta ó pasado suscitaba un efecto nostálxico naqueles espectadores, que viviron dun xeito directo ou indirecto calquera labor ou situación cotiá. Neste caso, un importante número de habitantes da vila vese simbolizado nas diferentes actividades agora representadas nos carros. Segundo, Xulio Valcarcel, a posta en escena de actividades recoñecibles converten ós protagonistas en actores, que comunican có publico un traballo e unha representación na que todos se recoñecen, acadando un efecto divertido, irónico, nostálxico e de autocomprensión.

O Folión dos Carros e maila Feira do Viño de Chantada (4)Non embargantes, o folión ten, tamén, un efecto didáctico para outras persoas, que pola súa idade non puideron vivir, dun xeito ou doutro, estes labores e situacións, e que lles vai permitir agora coñecer "in situ" unha boa parte do acervo cultural da zona.

Na actualidade hai algúns elementos que poden inducir a pensar que o folión comeza a estar ameazado na súa continuidade. Un deles é a escaseza de xugadas de vacas, así como o prezo por alugar estes animais, cando se encontran. No municipio de Chantada, xa non é doado encontrar animais cos trazos axeitados para tirar carrozas de moito peso. Outra cuestión importante, segundo algúns oficiantes das plataformas, está relacionada coa perda paseniña do carácter espontáneo, que tiña o folión do pasado, e co exceso de valoración que se fai actualmente da espectacularidade das carrozas. Ademais, para Manoel Mosteiro, participante no folión dende os 18 anos, hai outro problema que está ligado a que o relevo dos oficiantes dos carros e plataformas pode complicarse, debido a que a participación na construcción dunha carroza, así como os ensaios da parodia correspondente supón bastante traballo e un gasto importante, que, no intre actual, non é compensado satisfactoriamente polos premios que entrega a Asociación de amigos do Folión.

Por outra banda, no intre actual a Feira do Viño de Chantada está considerada como unha feira-festa, que naceu hai vintedous anos para dar a coñecer un producto da zona e, deste xeito, poder comercializalo nunhas condicións óptimas.

Entrámbalas dúas festas hai elementos diferenciadores ligados co ámbito relixioso e profano. Con respecto ó ámbito relixioso, mentres que na feira do viño non é patente esta dimensión, pola contra nas festas patronais este aspecto está reflectido na misa solemne que se celebra o domingo en honor da Virxe do Carme e na procesión, que percorre as principais rúas do centro da vila. En canto ó ámbito profano, as festas de agosto gozan dunha maior relevancia, non só polo número de días adicados, senón tamén pola diversidade de actos celebrados. Non embargantes, námbalas dúas hai actividades lúdico-festivas comúns, como son, os pasarrúas de bandas, charangas e grupos de gaitas; na pronunciación dun pregón, no que se adoita louvar o evento; na feira-exposición dunha variada gama de productos, na sesión de fogos e, finalmente, na verbena ou verbenas -caso das festas patronais- que se celebran á noite.

De tódolos xeitos, o elemento común máis característico é que ámbalas dúas constituen importantes símbolos locais, que serven para expresar unha identidade comunitaria. Configuran eixos fundamentais sobre os que se expresa a cohesión interna da comunidade, propiciando desta manera un pulo cívico comunitario plasmado en momentos de crise ou mesmo nun compartido lecer.

Este carácter identitario da festa proiectase ó exterior por medio do producto ensalzado e, tamén, mediante unha serie de actos, como "o folión", "os fogos de artificio" e as mesmas "verbenas".
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES