Comentarios de onte, hoxe e mañá
Goás Chao, Domingo - lunes, 04 de agosto de 2008
Contan e non paran que condenaron outra volta a Losantos por intromisión na honra ou danos morales do exdirector de ABC Zarzalejos. A anterior foi a seguido dunha querela do Rexidor madrileño máis ou menos pola misma cuestión.
A COPE ten, ó meu xuizo, o grande mérito de que é independente dos partidos políticos, penso que a única; ten colaboracións ilustres, moi destacadas, sobre todo en economía, no programa vespertino do Dr. Vidal. Ten este director, o Dr. Vidal, extraordinaria preparación e coñecemento, especialmente tanto en Historia como en Teoloxía como, non esquecer, no uso de linguas nacionais e extranxeiras.
E ten, como non, o antedito Sr. Jiménez Losantos que dirixe un programa de sete horas de duración, feito que ten un grande mérito porque el é o verdadeiro protagonista do seu programa.
Na miña opinión, este home que ven, fai moitos anos, da esquerda, entendo que mais extrema, hoxe é un dos radiofonistas mais axuntados ó liberal conservadurismo. El dí que é liberal. Eu creo que non, porque o apaixoamento que dedica a cada tema que toca ou a cada personaxe do que fala, non se fai en tonos liberais senon en tonos moi acerbos, agres e, ó meu modo de ver, insultantes en ocasións.
Non só se é liberal no campo da economía. Tamén nas ideoloxias e no respeto ás persoas.
Eu acredito que as noticias que dá, son certas. Que non minte. Pero as críticas que fai e que son moitas con todo o que non lle gusta, chega un momento en que insulta ó persoal e os insultos, e as invectivas que dirixe a certa xente, non teñen xeito porque as cousas entendo eu, pódense decir, sinalando os feitos denunciados pero non referirse a xogos malabares cos apelidos da xente que nada ten que ver coas ideas ou expresión do suxeto que puido ser obxeto de crítica ou descalificación.
Agora mesmo, a xente -os comentaristas da Cope- están decindo, alguns deles, ó meu modo de ver, cousas a favor de Losantos que non teñen pes nin cabeza.
Xa dixen o que opinaba da COPE pero non por eso deixo de pensar que moitos dos comentaristas políticos, se calaran moitas cousas que din, farianlle un gran favor. É moi bonito falar de liberdade de expresión, de democracia, de estado de dereito, invocandoos contra a sentencia judicial cando nesta emisora se criticou habitualmente a totalidade destes conceptos.
A un señor xuiz fai anos, sacrificarono outros xuices ós que agora Estrasburgo tachou de parciais e no fondo de delincuentes. Veremos a ver que dí este Tribunal destas dúas sentencias referentes a Losantos.
Pero eu sosterei sempre que liberdade de expresión, liberdade de opinión e liberdade ideolóxica son liberdades intanxibles. Pero tamén que ningunha desas liberdades da dereito a insultar, menospreciar ou facer mofa ou befa de ningunha persoa.
e II.
Escrito o que antecede, quédome atónito diante das declaraciós do Sr. Losantos, respecto á sentencia do 29 de Xulio de 2008, que teño diante.
E antes de referirme ás declaraciós do devandito Sr. Losantos, quero facer un comentario formal e xocundo dalgun párrafo da sentencia.
Comenza decindo -debe ser cousa da igualdade- que o Sr. Losantos está asistida por Letrado pero no fundamento de dereito octavo, falando da honra do demandante, por dúas voltas repite a sentencia referíndose ó segundo apelido do demandado Losantos chamanlle D. Federico Jiménez Lozanitos.
A min, este erro lémbrame moito aquel tan sonado do B.O.E. cando publicou o Regulamento do Consello Xeral do Poder Xudicial que decia literalmente Reglamento del Conejo General del Joder Judicial. Todos os erros teñen amaño.
As declaraciós do señor Losantos, as lidas e escoitadas na prensa e na radio, no meu caletre, abondan de aquelo que se chamaba soberbia que ó mellor non é senón seguridade, certeza, convicción nas propias posibilidades, fé na xustiza e na conducta propia.
Xa me dixo nunha ocasión un alto dirixente vaticano cando eu lle comentaba algún conto co que non concordaba: Rapaz, xa sabes que nós estamos sempre en posesión da verdade. Non queda ben, pero decíamo de coña.
Cita a sentencia que o demandado lle chamou ó demandante, entre outros, 36 epítetos mais tres xogos de palabas co seu apelido.
A min algun dos epítetos lémbrame moito a aquel famoso canciller; e dicir, Ministro de Asuntos Exteriores do Goberno Cubano do Presidente Castro, apelidado Malmierca quen, se non apunto mal, soltoulle a alguns colegas entre o que naturalmente se atopaba o Ianqui: Son ustedes o es usted, la concreción viscosa de todas las excrecencias humanas
Decir con tal elegancia a un persoeiro que é unha merda, asemella ser mais dixerible que detritus ou escobilla para los restos
Non entro no mal que lle poidera facer, se llo fixo, o exdirector do ABC -Sr. Zarzalejos- á COPE ou ao propio Sr. Jiménez Losantos. E si foi certo, denúncialo e perseguilo legalmente para que o sancionen. Pero eu sigo terne: o insulto vulnera as normas elementais da educación, da convivencia e, ó meu xuizo, os principios básicos dunha persoa que se autonomea liberal.

Goás Chao, Domingo