Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As desgrazas nunca veñen soas

lunes, 25 de octubre de 2021
O día 4 deste mesmo mes e neste mesmo Recuncho falaba do espectáculo do volcán da Palma. As desgrazas nunca veñen soasAgora toca falar das súas consecuencias. Porque o volcán é certo que segue a ser fermoso, pero esa fermosura vólvese contra si mesma, xa que ante as desgrazas que vai deixando o seu paso esa lava que cuspe polas súas bocas, calquera ser humano con dous dedos de fronte empeza a cansarse e incluso a odiar tanta fermosura asasina.

Como se adoita dicir coa auga, co lume e que vento: por onde pasa, arrasa. E o volcán da Palma deixa tras de si outro espectáculo: o horrible. Porque vai arrasando casas que, dito así, semella que non é para tanto, pois imaxinamos que o Estado botará man desa xentiña. Pero por moita man que lle bote, por exemplo, dándolle facilidades para unha nova vivenda, o resto, que? A esa xente que o perdeu todo non creo que haxa axudas coas que os recompensen como é debido. Porque perderon todo ou practicamente todo.

E sen comentar para nada a relación sentimental con tal ou cal lugar. Esta relación haina, existe. O lugar no que naciches, no que viviches, no que riches, no que sufriches está sempre nun, e cando se perde sentes tanta dor e tanta pena coma se fora un familiar. Ese lugar sempre foi teu. O puto volcán é bonito, pero canto mal está facendo. E crucemos os dedos para que non haxa desgrazas humanas.
As desgrazas nunca veñen soas
Como as desgrazas nunca veñen soas (díxose sempre), ós da Palma, ós canarios e ós peninsulares tamén se lles está a botar un novo infortunio encima: a de pagar peaxe polo uso das autovías. Eramos poucos e pariu a avoa. Logo de pagar todos os impostos habidos e por haber por facer uso dun coche, que, hoxe, non é un artigo de luxo, senón unha auténtica necesidade, agora métennos outro imposto máis.

Imaxino que a escusa será a típica do custo de mantemento que implican esas estradas. Entendo que si existe tal custo, pero para recadar hai moitas outras maneiras sen lle tocar os petos ó cidadán de a pé. Mirade que digo de a pé. Porque si lle poden tocar nos petos a eses famosos soldos vitalicios de moitos políticos ou personalidades. Ou esas esaxeradas axudas de custo que lles dan a eses mesmos por trasladarse a tal ou cal lugar, incluso a aqueles que teñen vivenda neses lugares. E non me meto xa co que nos está custando a Casa Real, aínda que acabe de lanzar a indirecta. Se se quere hai moitas outras formas de recadar, e non meténdose cos máis febles, que son os que realmente usan as autovías.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES