Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 22 de octubre de 2021
A caída da folla
Son a única e derradeira folla que queda por caer de todos os carballos existentes nas Mestras, en Baños de Molgas, que, por certo, son aínda uns cantos. E que ninguén pense que é porque estamos no outono, na famosa caída da folla, porque xa desde a primavera estou soa. Sei que estou a punto de sucumbir ante unha peste que ninguén entende. Podo prometer e prometo que a soidade é como unha morte lenta e en Pingas de Orballosilencio. Nin tan sequera as augas que me circundan do río Arnoia e do río Sor son quen de molestarme co seu ruído. Estou soa neste agoniante ruído, neste morno silencio.
Agora mesmo quixera que alguén soubese da miña caída para poder pasar á posteridade. Sempre é un orgullo saber que fun a derradeira, a que máis aguantou. Acabo de lembrarme xusto agora mesmo do pasmón que está escribindo. Si, vouno avisar a el, xa que tanto lle gusta o rural. E que máis rural que un carballo... Chameino sen máis miramentos e teño que recoñecer que o paspán presentouse ó instante, co seu caderno, co seu bolígrafo e co seu móbil para sacar as correspondentes fotos dos últimos mohicanos (os carballos, digo). O escritor que está escribindo tamén me quixo sacar unha foto, pero axiña se decatou de que non procedía, de que eu estaba nas últimas e tampouco era plan de fozar na desgraza dos demais. Algo paspán si que é (ou moito), pero de bo corazón. Nin dous segundos pasaron deste pensamento cando souben que empezaba a planar. O escritor vai dicir (de bo corazón) que caín con parsimonia, con elegancia e cun "adeus, paspanciño" moi sentimental.

Andaina pola contorna
Hoxe realicei unha andaina pola contorna da miña casa. Porque sabedes que me gusta saír, non sexa o demo que me caia a casa encima. Ós poucos metros atopeime cun lagarto, que me mirou co pescozo medio revirado, e xusto cando lle ía falar, fuxiu coma can con vincha ó rabo ou marchou coma o peido do cu, que é o mesmo, claro. Que parviño, eu só quería falar con el. Sempre me gustou falar cos animais. Por falar ata Pingas de Orballomoitas veces falo só. E por que non vou facelo? É bonito falar con calquera, incluso cun mesmo. Xa digo, adoito facelo.
Sigo coa andaina. Tampouco tardei en me atopar cunha silva que se me enganchou. Con esta, como non era un animal, non quixen falar, pero canteille ben cantadas as corenta coa vara que levaba para apoiarme. Porque un, aínda que non queira, xa de cando en vez ten que botar man de certo apoio, de certa axuda para facer máis amena a andaina. Botei man dun caxato que trouxera alá de Asturias, de cando realizara a ruta do Cares. Unha ruta moi pero que moi recomendable. Máis que a que estou a realizar, por certo.
Na andaina tamén pasei por debaixo dun balcón e, ó mirar para arriba, vin a unha muller que me sorría. Enchéuseme o peito de melancolía e bombeou o corazón con forza. Porque eu non coñecía á muller de nada. As andainas é o que teñen... que valen para un roto e tamén para un descosido. Pensas que estás só neste mundo, e non... animais, silvas, mulleres, pensamentos, e non sigo porque as andainas dan para moito.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES