Viveiro, moito fandango... e soños de amor (9)
Timiraos, Ricardo - miércoles, 03 de noviembre de 2021
AS FESTAS MAIORES DA VILA: A ASUNCIÓN DE SANTA MARÍA, MÁXICA TROULA DO NOSO LECER.
Desde primeiras horas da mañá a Cidade íase enchendo de xentes das aldeas que, coas mellores roupas- traxes e estreos para ocasión-, baixaban á Vila a disfrutar das festas. Enchían bares, tabernas e fondas de comidas. On vilegos apuraban e preparaban todo na casa porque sempre había parentes invitados. Na mentras, as autoridades e xente relixiosa, todas galanas, asistía á misa da Patrona na Igrexa de Santa María. Pequena procesión con foguetes e música. Despois pasarrúas, preludio da sesión vermout -chamábase así- e a xente leda e sorrinte bebendo e gozando da música da banda. Viveiro case sempre gozou de Banda, canteira de bós músicos, a pesares da falta de axudas das institucións. A Xunta débelle a Viveiro un Conservatorio, e amosa a súa ruindade política, negándollo.
Pero seguimos có concerto: Momento de exhibición de instrumentistas. Un dos momentos máis fermosos do día, e é tal a ledicia de disfrutalo, que sempre sabe a pouco.
Deseguido, nas casas, xantar de día de Patrón, niste caso de patroa. Nosa Señora.
O menú non variaba moito dos descriptos para outras festas. Loxicamente depende sempre do peto da casa, aínda que cómpre dar largueza e botar mau do maxín que pode dar moi bó resultado. Era moi corriente que os invitados levaran tartas ou pasteles para colaborar no agasallo.
ADVERTENCIA: Na cociña moderna un ingrediente moi usual é, a falta de material, botarlle moito amor. Na cociña das nosas casas o amor, e ata o dolor, veñen sempre de serie, e non desmerecen nada en absoluto doutro, pero hai resultados que non logran con tanta fusión. O material, se é de primeira, en nada se compara con tanta sofisticación. De contos vivimos todo o ano, de bós mariscos, peixes, carnes, verduras e outras delicadeces os días que se poden mercar. Aínda non inventaron o salpicón de lobrigante da miña tía Chenta, por poñer un só exemplo. Onde haxa cantería que se quite o pladour. Modernidade sí, sofismas, non.
Seguimos: Despois de xantar opíparamente, falar, esbardallar, cantar e beber a esgalla, aínda se podía tomar unha copiña no bar camiño de Cantarrana, o estadio de fútbol da Vila.
Partido de fútbol, trofeo Ministro de Información e Turismo, que viña a ser un veraneante da zona con chalet nas inmediacións do campo. Nada imos dicir da súa catadura moral porque para iso está a Historia e acó falamos de festas.
No remate do partido, que viña sendo triangular, festa na pista do Parque de Cantarrana. Duraba pouco tempo, pero era moi vistosa e leda.
A iso das nove, naqueles tempos, comenzaba a verbena na Travesia con dúas orquestas, unha en cada palco. ¡Qué bonitos eran aqueles palcos, artísticamente construidos, e pintados con colores vivos!
A música a tope. A carretera abarrotada, os bares, a tope, o atranco no tráfego... era todo unha trouleada sen control. A xente ateigaba todo e as terrazas acougaban a quen non podía botar un pasodoble nin siquiera un bolero. Carreiras, buscar os amigos, mirar se chegara a rapaza... Todo iso formaba parte daquel enxambre de personas ávidas de festa e risas e todas sabían que aqueles intres eran inesquecibles. E así ata a hora de subir ó Monte, que eran as tres da mañá.

Timiraos, Ricardo