Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viveiro, moito fandango... e soños de amor (8)

miércoles, 20 de octubre de 2021
"Stultorum infinitus est número" (el número de necios es infinito) Dicían os latinos.

O IZADO DAS BANDEIRAS: TEMPOS DE IMBÉCILES E OSCUROS...

Como é facil supoñer, nos anos sesenta e principios do setenta do pasado século, ainda estaba Franco e as corporacións afins. No Concello había viño español e invitados das xerarquias da época. Pero un dos momentos máxicos para os viveireses era o izado da bandeira, a interpretación do Hinmno español e a saída dos cabezudos. Se a parte política non interesaba xa moito por xa saber o que había, a saída dos cabezudos era unha apoteose que aínda hoxe goza de moito aprezo por parte da xente. Nunca entendín naqueles tempos que sairán tan pouco tempo nin tan poucos días.

O cambeo político e a instauración da democracia, trouxo tamén o antes aldraxado Himno Galego e o izado da bandeira de Galicia. Nun Pais, respetuoso coas súas institucións e as súas peculiarides, nada extraño debera ser que isto ocurrira; moi ó contrario, debera ser normal. Pero algunha xente é de extremos. E iso supuxo renegar da bandeira e o Himno de España por parte dalgúns menbros da Corporación. E ámbolos dous himnos, pois que eu saiba somos galegos e españois, deberan interpretarse e respetarse para dar cabida a todas sensibilidades, e así fuxir de posturas radicais e antagónicas, que só amosan a escasa empatía entre os edis, e que trocan a festa en fotografías da intransixencia, que nada favorecen a convivenza. Os problemas, en calquer sitio, sexa Concello sexa Parlamento, son a consecuencia de non saber elexir. E seguir sen falarse, e plegándose a esixencias dalgúns, é un erro sempre. Ou cobardía. Pero os responsables son iles. O tan prostituido sentidiño non era outra cousa que respeto mutuo, pero ben se ve que non o necesitan tan ilustres persoeiros. ¡Malracaniño! Así vos vai...

Como ciudadán do mundo rexeito istas cousas e sinto vergoña allea de que o meu Pobo poida estar en maus de intolerantes dun lado ou doutro. Por certo, tampouco é correcta a postura dalgúns nostálxicos que non respetan o Himno de Galicia. A educación, non é de quen presume, senón de quen a usa.

Pois volvendo o noso que son as festas. Nas visperas, antes sempre había verbena i era momento de disfrutar xa do alumado e outras decoracións coma bandeiriñas.

Nas festas as rúas, xa fose a nosa Zapateria, Luis Trelles, a do Medio, María Sarmiento, Pénjamo, e outras sempre estaban decoradas polos veciños con temas alusivos a súa idiosincrasia como poideran ser os zapateiros ou os mariñeiros. Eran tempos de compartir ledicia e de colaborar co pobo nas súas festas. A xente era moi solidaria e axudaba no que poidera. Incluso había festas na rúas, con merendas, pinchos, e verbena grazas a xenerosidade dos veciños. Todo isto cambeou, pero por desgracia para pior e só sobrevivem os esforzos en Luis Trelles e na nosa querida Zapatería. A melloría nas condición de vida, paradoxicamente, fixo á xente máis insolidaria e egoista e incruso hainos tan cretinos que se rin daqueles que se saben divertir humildemente. O sabor amargo dos cartos.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES