Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Haberá que ir votar

viernes, 01 de agosto de 2008
Os galegos iremos votar axiña. A dúbida é se será dentro de tres meses ou dentro de sete.

Esgotando a lexislatura, tocaríanos aló por marzo para que se cumpran catro anos desde os anteriores comicios que depararon a conxunción política gobernante.

As dúas partes están por cumprir o calendario, e tanto Bng como Psoe xa fixeron saber que o máis conveniente, polo momento, é completar a lexislatura cos meses que faltan e logo someterse ó veredicto supremo dos votos dos galegos.

Pero no tema inflúe, como en todo, o panorama económico que contemplamos e especialmente o que vislumbramos no inmediato futuro.

Voces con autoridade dentro do Psoe abogan polo adianto das eleccións visto o cariz que toma a economía que ninguén se atreve a prognosticar para o final do presente ano, polo que para evitar resultados imprevistos derivados dun eventual empeorameno, curaríanse en saúde adiantando as eleccións.

O Presidente Touriño non descartou o tema, se este adianto era de interese para o país. Que está ben dito, se ten en conta a necesaria estabilidade, tranquilidade e paz social.

Nos tempos do anterior rexime, un conselleiro local do Movemento Nacional, aspiraba a cargo máis alto dentro daquel partido único, e proclamaba que se presentaba porque « andaba el pueblo derriba del » para que se presentase.

Aquí, tamén, « o pobo é quen máis ordena », pero despois de que o chamen a votar. Se é para darnos tranquilidade, estabilidade, paz social e traballo tranquilo, que nos chamen canto antes que ben se pode dicir que o pobo anda derriba de todos os que gobernan demandando solucións.

Haberá que ir votar. Só nos falta saber cando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES