Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Folión dos Carros e maila Feira do Viño de Chantada (3)

miércoles, 20 de octubre de 2021
A FEIRA DO VIÑO DE CHANTADA

A Ribeira Sacra comprende unha importante extensión, nas beiras do Miño e do Sil, con pendentes que andan entre o 40 e o 100%, alturas entre 300 e 800 m., e os socalcos, bocarribeiras e pataos aterrazados ás veces con anchos inferiores a un metro. Posúe un microclima idóneo para a producción dos seus afamados viños.

O Folión dos Carros e maila Feira do Viño de Chantada (3)No ano 1993, a Ribeira Sacra acadou a nominación de orixe provisional. Pola súa banda, esta zona inclue cinco núcleos que comprenden a catorce concellos das provincias de Lugo e Ourense.
1º. Núcleo de Amandi, comprendido polos concellos de Monforte e Sober.
2º. Núcleo de Chantada, que abrangue ó concello propio así como ós de Carballedo e Taboada.
3º. Núcleo de Quiroga, formado polo concello de seu, e os da Pobra de Brollón e Ribas de Sil.
4º. Núcleo das Ribeiras do Miño, comprendido polos municipios Pantón, O Saviñao e unha parte de Sober.
5º. Núcleo da Ribeira do Sil, que abrangue ós concellos ourensáns de A Teixeira, Castro Caldelas, Nogueira de Ramuín e Parada do Sil.

Os caldos desta zona, ó igoal que outros, deben cumprir unha serie de normas reguladas polo Consello Regulador da Denominación de Orixe, que teñen como finalidade asegurar unha calidade permanente e uns trazos propios. Polo tanto, os brancos producidos, dun xeito preferente, coas variedades albariño, godello e treixadura son uns viños frescos, afrutados e cun toque de acidez. Os tintos, pola contra, son elaborados coas variedades mencía, brancellao ou merenzao e distínguense polo seu aroma intenso e polo seu cor cereixa brillante.

Por outra banda, Chantada é un concello que colleita excelente viño en terrazas artificiais (bancais) formadas por socalcos, dende onde hai que levar as uvas nuns cestos especiais, que reciben o nome de "culeiros".

A feira do viño desta vila ten a súa orixe no ano 1983. Lévase a cabo o segundo sábado e domingo do mes de marzo no recinto feiral, situado ó carón do río Asma. Serve para dar a coñecer, comercializar e mellorar por medio da competencia e dos anceios dos productores a calidade destes caldos, elaborados coas uvas colleitadas nos bancais das ribeiras dos ríos Miño e Sil, na zona da súa confluencia.

Nos seus comezos, a feira foi organizada polos colleiteiros da zona co obxectivo de dar a coñecer o seu producto e comercializalo. Non embargantes, a partir do ano 1990, o concello, que viña colaborando como institución no acontecimento, decidiu institucionalizar a festa e deste xeito darlle un maior realce. Xa que logo, unha das primeiras cousas que acordou foi fixar unha data concreta de celebración, xa que ata o de entón, ese momento era variable.

No ano 2005, os organizadores do certame, agrupados na Asociación Feira do Viño de Chantada, acadaron que dazasete bodegas viñesen a promocionar os seus productos a esta feira.

Por outra banda, diversas festas de localidades situadas nas beiras destes ríos teñen O Folión dos Carros e maila Feira do Viño de Chantada (3)unha finalidade semellante, que é a promoción do viño de seu. Xunto a de Chantada, están as de Amandi, Quiroga, Ribeiro e otras tantas. Non embargantes, e con independencia do lugar, todas elas teñen unha serie de trazos comúns: en primeiro termo, "a cata do viño", momento básico das feiras, onde as mellores colleitas resultan premiadas. Logo un pregoeiro, de renome, louva as excelencias do producto, para darlle máis carácter á feira e posibilitar deste xeito unha maior comercialización. Tamén, aproveita para promocionar outros productos da zona así como para colocar diferentes “stands” referentes a maquinaria agrícola e industrial.

Estes caldos da Ribeira Sacra -segundo Xulio Valcarcel- foron xa ensalzados por unha serie de escritores como Castroviejo, Cunqueiro, Costa Clavell, Rodríguez Porto... Pola súa banda, o escritor chairego Manuel María reflectía nuns versos certos trazos dos viños da ribeira chantadina.
"Viños de Chantada, Chianti noso,
pois sodes vós un canto antergo,
un doce, delicadísimo alalá,
que no corazón nos pon un merlo novo".

Finalmente o evento vai, tamén, ligado a actuacións folklóricas, charangas, orquestras e demais atraccións, que constituen un importante reclamo para un público de calquera idade, que é o que se quere chamar.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES