Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A riqueza do ser humano

jueves, 21 de octubre de 2021
O día que escribín este artigo as noticias falaban dunha serie de persoas da élite mundial que tiñan débedas co fisco dos seus respectivos países.
Entre elas estaban personaxes do mundo da política, do deporte, do espectáculo, etc...
Trátase de persoas de fama universal e moitas delas pasarán á Historia da Humanidade.
Forman parte dos "ricos" actuais.
Seguro que teñen tantos cartos que non lles dá tempo a contalos e tampouco contan con anos de vida suficientes para disfrutalos.
Non entendo porque teñen que recurrir a paraísos fiscais.
Teñen tanta fama que "viven nas nubes" e non saben nin o que queren.
Aínda así non sei se serán tan felices como parece.
Aínda que pertenzan á élite mundial, pode que a moitas persoas de ben lles produza "repugnancia" ese xeito de vida.
Que tantas persoas estean pasando estreitura mentres a elas lles sobra tanto...
¿Qué xeito tén?
¿Qué necesidade teñen de eludir ó fisco?
¿Esa é a súa riqueza?
Pode que para elas, sí; pero, afortunadamente, somos moitas as persoas que vemos a auténtica riqueza noutro xeito de vida.

RICA É AQUELA CRIATURA:
- Que nace e medra no seo dunha familia que se ama con todo o corazón e con tódalas súas forzas.
- Que medra no seo dunha familia na que se cultivan os valores: dignidade, fidelidade, honradez, solidariedade, caridade, afabilidade, lealdade, servicialidade, afectividade, laboriosidade...

RICO É AQUEL ADOLESCENTE:
- Que medra en sabedoría e bondade.
- Que aproveita os estudios.
- Que é responsable nas súas accións.
- Que non se deixa levar polas malas compañías.
- Que respecta ós proxenitores, ó profesorado e ás persoas maiores en xeral.
- Que axuda ós seus compañeiros nos estudios...

RICOS SON AQUELES XOVES:
- Que traballan, ou estudian ou compaxinan ámbalas dúas cousas.
- Que se labran un porvir.
- Que axudan á familia se a ven en necesidade.
- Que fundan a súa propia familia estable e duradeira.
- Que se responsabilizan dos seus actos na vida de familia, na laboral, na estudiantil e na social.

RICOS SON AQUELES ADULTOS:
- Que saben levar o timón das súas vidas.
- Que saben organizarse para atender ás súas propias necesidades e as das persoas coas que conviven.
- Que cumpren con responsailidade no seu posto de traballo.
- Que saben levar a vida de familia en FAMILIA.
- Que son bos co vecindario.
- Que cumpren relixiosamente cos seus deberes como cidadáns.
- Que dan bo exemplo ós que veñen detrás.

RICOS SON AQUELES ANCIÁNS:
- Que poden levar unha ancianidade activa aínda que as forzasvaian mermando.
- Que saben aportar a súa expereicia sen inmiscuirse na vida dos novos.
- Que saben adaptarse ós novos tempos.
- Que actúan con prudencia ante as novidades da propia evolución xeracional.
- Que aprenden da xuventude en temas de actualidade.
- Que levan con paciencia e serenidade os achaques propios da súa idade.
- Que se deixan querer e aconsellar.
- Que mostran agradecemento cando precisan axuda.
- Que agradecen os anos de vida aínda que os achaques lles pesen cada día máis.

REALMENTE O SER HUMANO É UN MANANCIAL DE RIQUEZA.

É un ser dotado de intelixencia e corazón para saber administrarse rectamente sendo feliz e facendo feliz ós demais.
¡Lástima que non cultivemos, todas esas capacidades tanto como debéramos!
O ideal sería que nos tocara nacer e medrar no seo dunha familia con bases sólidas.
Moitas famailias teñen esas bases.
Debemos aprender delas para sacar o mellor de nós porque:

SER RICO EN VALORES É POSIBLE E NECESARIO.

Onde reinan os valores, tamén abunda o necesario para levar unha vida digna.
A sociedade constrúese con persoas de bo corazón que saben usar rectamente a intelixencia.
Trátase de superarse no día a día.

"SUPERARSE NO DÍA A DÍA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES