Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Educar visualizando

miércoles, 20 de octubre de 2021
Acabo de ler unha pequena historia no facebook. Falaba dun profesor que entrou na aula e, sen cruzar unha verba, sinalou a un alumno pedíndolle que saíra e que non volvera. Ninguén ergueu a voz, ninguén o apoiou e ninguén dixo a palabra "inxustiza". Todos e todas sabían que o era pero ninguén o dixo ata que o propio profesor definiu o acto como unha inxustiza.

A partir de aquí é doado imaxinar de que tratou a clase e como se desenvolveu. Ás veces nas aulas falamos de conceptos abstractos que, como moito, exemplificamos nunha historia coa que o alumnado pode empatizar máis ou menos ou mesmo non empatizar. Se queremos que a competencia se interiorice e quede na caixa de ferramentas persoal que levamos con nós, ten que ser exemplificada, vivida e interiorizada. Para isto, é necesario xerar na aula un clima propicio a experimentar. Animar ao alumnado a vir coa mente aberta de par en par e a preguntar, debater, rebater e comprender. Poño un exemplo: para saber o que é a asertividade hai que situala entre os polos da pasividade e a agresividade. Na aula pódese utilizar o teatro como unha ferramenta que permita ver como cambia unha historia de ser desenvolvida cunha actitude ou con outra. Entón a aula é un espazo de liberdade que nos permite auto construírnos vendo o que queremos ser e o que non queremos ser.

Non teñamos medo a construír espazos na aula, porque unha diversidade de espazos achega ao alumnado á realidade e na medida que esta realidade vaia ben ensaiada, as persoas serán capaces de xerar respostas propias e medidas a multitude de situacións. Isto, sen dúbida, contribuirá a facer máis xusta a realidade e a evolucionar cara a un xeito de ser colectivo máis libre.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES