Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 15 de octubre de 2021
Pegadas
Dicía Camilo Sesto que Melina por onde pasaba deixaba pegada. A canción "Melina" adicáralla a esa marabillosa actriz e ministra de Cultura grega María Amalia 'Melina' Mercouri. A ver, todo o mundo deixa pegada. Eu deixo pegada, ti deixas pegada e un bebé deixa pegada. Os animais deixan pegadas. Se non as deixaran, de que vivirían Pingas de Orballoalgúns cazadores? Os ladróns de gando e os indios malos deixaban pegadas para que un indio bo ou un rastreador se puxeran ó choio no salvaxe Oeste. Quen deixa unha boa pegada son as lesmas: visibles e viscosas. Os xabaríns tamén se sabe por onde andan e por onde pasan.
Hai pegadas que levan ó ceo. Pero tamén as hai que levan a un ó inferno. Hai pegadas ou pisadas ou marcas ou sinais reais e ficticias. Hainas que son coma libros abertos e outras moi difíciles de descifrar; a non ser que sexas un bo rastreador ou un indio civilizado, ou sexa, adestrado, amaestrado. Hai pegadas que te inducen a ir polo camiño da dereita, cando, o mellor, e dígovolo eu, é buscalas polo da esquerda. Pois ós bos e xenerosos non nos preocupa deixar pegadas ben visibles, como as das lesmas pero sen producir asco. Algún produciremos, pero alá cada quen coa súa conciencia.
Hai pegadas que te levan á salvación, como as hai que te levan á perdición. Estas, quéirase que non, son tentadoras de carallo. Hai pegadas en outeiros, en espellos, en bosques, nas pedras, nas varandas dos balcóns, nos raís da vía do tren... Hai pegadas mesmo onde non as hai.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES