Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viveiro, moito fandango... e soños de amor (7)

miércoles, 13 de octubre de 2021
A Antonia do Real in memoriam, quen foi fiel muller do inesquecible amigo Quico do Landro, quen tanto traballou para que fixésemos unhas dignas festas.

Nota aclatoria das festas

En sesenta anos as festas sufriron una evolución que, nuns casos lles permiteu mellorar, e noutros, o meu entender, perderon cousas fermosas. Acó cómpre recoñocer que non debemos deixarnos levar polas lembranzas dos tempos idos, pero tampouco vamos afirmar que agora as cousas son mellores. Cada unha e o froito da súa época e dos seus ciudadáns. Se a iso lle engadimos que a nosa visión da vida cambea coa idade, vexan o que penso:

Hoxe hai feiras do Libro e de Artesanía que antes non había; Hoxe as Nogueiras son un refuxio de morriñosos, pero xa vai pouca xente. Agora a Praza e lugar máis axeitado para as verbenas e non a Travesía, aínda que a cousa mellorou e tamén se usa e xa non molesta o tráfego. Antes os palcos eran obras de arte e non mamotretos antiestéticos coma agora. Daquela mirábase moito a calidade das orquestas, e agora, ó meu ver, mirase moito máis o gasto. Non había Corales ni Escolma de Meus, dous espectáculos que me enchen de ledicia. Agora disfruto moito tamén coa calidade dos Negativos, exhibición de fotos do colectivo. Son actividades novas que veñen relevando a outras cousas. Por exemplo, era espectacular o Festival da Canción do Landro, que acadou fama fóra de Galicia e resultou seren boa plataforma de artistas daqueles tempos. Tamén trataron de recuperalo, pero non resultou, cecais para cumplir o dito de que nunca segundas partes son boas. Antes traguíasen o espectaculares atraccións e pechábase a Praza, pero agora tamén se traen sen necesidade de pechala. O problema de moitos é que no nos decatamos que evolucionamos e negámonos a recoñocer méritos alleos. E iso non é xusto. Eu agradezo moito o esforzo de quen traballa en calquera de estas actividades, e négome a facer críticas, a malloría das veces cheas de envexa, co traballo alleo. Cada un traballa coas ferramentas que ten ó seu alcance, nos tempos que vive e coa compañía que atopa. Persoalmente, non esquecerei nunca a brega que nos tocou vivir con Miguel Ríos, Carmen Sevilla, os Relámpagos, Os Chimberos... darían para uns longos artigos. Pero na miña memoria sigue presente a gratitude ós compañeiros. Máis aquelas experiencias servíronme tamén para coñocer á xente. Moitas leccións se aprenden nise traballo. Duras, pero poden ser experiencias. Pero tamén hai actitudes que agradecer e comprensivas, coma a de Augusto Algueró por exemplo, ou moitas gratitudes que permanecen na xente.Tódalas comisións traballaron mellor ou peor e seguiron a modernizar o xeito de celebralas. Outras comisións houbo que trouxeron e traen a grupos importantes, pero a verdade non reparo moito nelo, porque hoxe vivo noutro mundo.

Sempre foi moi díficil atopar xente para montar unha comisión de festas, tanto na aldea, tanto na Vila. Require moito traballo, ser moi altruista e soportar moitas impertinencias dos que nunca fan nada polo ben común. Son moitos os cómodos. He haino que dicir para que cambien: son xentes mezquinas, cativas, ruins e incapaces de pensar na felicidade allea. O mundo deles é moi pobre, por iso ninguén debe sufrir polo que digan. O falar non ten cancelas, pero bó sería estar servidos de bozales. A envexa é o pan dos miserentos. E isto aprendese do trato con iles. Pola miña banda, gratitude sempre.

Hoxe as festas fainas o Concello, antes eran cousa dos ciudadáns. Así que cada persoa pode saca-las conclusións que queira.

Cando un é novo é cando realmente se viven as festas. Despois, pódense seguir vivindo, pero xa a vida da outra visión e ata pódese chegar só a recordalas, como me pasa a mín. A boas horas ia eu estar un quince de agosto tecleando no ordenador aquelas vivencias. Así que vanme permitir que describa como as recordo, repito, non por mellores, senón porque corresponden a miña xuventude.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES