Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Axitación económica

miércoles, 30 de julio de 2008
Hai terrorismo violento, que pretende alterar o xeito de convivir dun pobo. Pero tamén hai ou pode haber un terrorismo aparentemente pacífico, que pretende dominar as conciencias de forma que as persoas actúen dun xeito determinado ou se comporten de maneira que beneficie ós “terroristas”.

De consumir a velocidades desenfrenadas ó que nos viñeron movendo durante tanto tempo, pasamos de repente á situación contraria na que non paramos de recibir mensaxes máis ou menos sutiles en relación coa situación actual, sen que ninguén se pronuncie seriamente, de xeito crible sobre a situación.

Porque cando estamos metidos nun vendaval de malas noticias económicas é cando o goberno empeza a recoñecer que hai unha crise. As empresas caen na bolsa, caen as vendas dos pisos, Solbes confesa que non hai diñeiro para a financiación autonómica, a Xunta conxela os soldos dos altos cargos, o Ministro de traballo admite que é preocupante o aumento do paro, as familias galegas en quebra son o doble que o pasado ano, baixa estrepitosamente o diñeiro prestado, as hipotecas encarécense brutalmente... E no medio de todo esto, que só é o máis chamativo da actualidade dos últimos días, o cidadán medio que non sabe a que aterse, que ve que o presente económico se lle derrumba e ninguén lle pode asegurar nada para o futuro...

Pero sobre todo, ese cidadán medio só percibe medo por todos os lados, sabendo como ten que saber que é o eslabón máis feble da complicada cadea que se está desfacendo.

A quen beneficia esta axitación e intranquilidade? Porque temendo que haxa un terrorismo de luva branca que pretenda sacar unha tallada suprema de todo esto, se así non fose o que hai é unha total deixación de funcións por parte de quen ten que gobernar, controlar e animar unha situación que se está baseada na confianza de todos no sistema parece buscar exactamente o contrario.

Esto, en pleno verán, cando todo se ve de cor leda e clara. No outono, preparémonos para o peor, se alguen non o remedia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES