Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mediterráneo, unha traxedia humanitaria

miércoles, 13 de octubre de 2021
Fun ver a película Mediterráneo. É unha película importante e vital para quen se negue a vivir de costas á realidade máis cruel que está pasando preto de nós. A realidade é que quen fuxe da barbarie precisando asilo para seguir vivindo, atopa todo o mar para afogar pero nunca unha man amiga para emerxer. Os gobernos péchanse nos seus palacios fríos e os deputados teñen abondo con quentar un escano. Algún era mellor que se dedicara a iso e non botara a lingua a pacer...

Máis alá das intrigas de palacio desnortadas deste país, hai xente solidaria disposta a dar vida e tempo para que o Mediterráneo deixe de ser un mar de mortos e volva a ser un mar de vida solidaria. Son as mesmas e os mesmos que non teñen tempo a tuitear o que fan nin a escribir para a súa maior gloria. Elas e eles estannos devolvendo dignidade, a mesma que se perde nos palacios, nos altos cargos e na verborrea barata do politicamente correcto.

Ao final da película, a emoción é tanta que mesmo entran ganas de aplaudir pero o aplauso é efémero, como a verborrea dos parlamentos, eles merecen máis: merecen todo o tempo que gastamos en escoitar mala xente disfrazada sempre de salva patrias. Se cadra hai que apagar os medios e virar o corazón cara a elas e eles, porque só elas e eles son capaces de enchelo de valores, futuro e porvir.

Todo o meu amor, admiración e cariño para os heroes que salvan vidas das poutas do Mediterráneo.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES