Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A desigualdade mata

viernes, 15 de octubre de 2021
Medra nas sociedades rotas. Deteriórase a vida comunitaria e aparecen condutas antisociais, froito amargo do aumento da desigualdade. Nos países ricos, como o noso, as patoloxías asociadas á pobreza disminúen. Desaparecen as 'enfermidades de pobres' e medran as 'enfermidades da prosperidade'. A desigualdade é así de inxusta: as enfermidades da pobreza matan aos nenos, as da riqueza aos vellos. A pobreza convértese nun estatus social. A mala saúde e a violencia están máis presentes nas sociedades desiguais. Tamén as enfermidades propiciadas polo alcohol e as drogas, obesidade infantil, nais adolescentes, homicidios entre xente nova, taxa de poboación reclusa.

Nas sociedades rotas coa economía rota, medran as desigualdades. Pola contra, un maior grao de equidade mellora o progreso social. Reducindo os índices da desigualdade aumenta o benestar e a calidade de vida. Ademais, a desigualdade éche poderosa ferramenta de corrosión social. Reforza e desprezo ao outro, inmigrantes, aos que teñen menos. Aparecen formas de discriminación como sexismo e racismo mentres que a empatía resérvase para os 'nosos'. Afóndase a fenda entre os mundos pobres e o mundo rico.

A desigualdade que mata éche fonte de división e obstáculo para a solidariedade e a fraternidade universal. Así, os nacionalismos identitarios son unha aposta pola desigualdade e unha fenda entre os pobos. Comunidade e igualdade refórzanse mutuamente. Igualdade económica e cohesión social foron da man ata as dúas últimas décadas do s.XX. Despois medrou a desigualdade, e con ela o individualismo máis cego, a ansiedade e os medos refuxiados en sistemas de seguridade privados e urbanizacións vixiadas.

Empregos precarios e mal pagados asócianse a un maior risco de enfermidades coronarias, depresións, suicidios. Co sedentarismo e dieta rica en graxa hai maior tendencia á obesidade, hipertensión, a facer menos deporte. Mentres sociedades máis igualitarias gozan de mellor saúde, a carón da desigualdade que mata a vida é mais curta e brutal. Condena a menor esperanza de vida, altas taxas de mortalidade infantil, menos peso ao nacer e saúde precaria. A menos renta, máis obesidade, pandemia no mundo desenvolvido, coas enfermidades asociadas e notable reducción do benestar emocional e social.

Os políticos enchen a boca falando de educación polo que ten de paraugas que acubilla e igualdade de oportunidades. Pero semellan ignorar que o rendemento educativo relaciónase coa desigualdade de renda. Conflitos, violencia doméstica, enfermidade dos pais, falta de atención e recursos e alimentación inadecuada graban a lume o futuro dos fillos.

De conveniente lectura para algúns políticos despistados, velaquí estas notas apresuradas do libro de G. Therborn 'La desigualdad mata'.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES