Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Man Castro Tomé, Trapeiro de Honra 2021

lunes, 11 de octubre de 2021
Púxenme a pensar en cales deberían ser os rasgos característicos dun bo xornalista, dun modelo de xornalistas... pensando, precisamente, en Man Castro, que hoxe aquí homenaxeamos por motivos que non detallamos, porque se trata dunha homenaxe de conxunto, á persoa, ao traballo, ao talante, á obra.

Man Castro Tomé, Trapeiro de Honra 2021 Un xornalista /unha xornalista, ten que ser unha persoa con sólida formación en calquera rama, cunha boa formación xeral, que lle permita abordar unha xeneralidade de temas tendo deles conciencia previa pero obtendo das diversas fontes a información específica e, polo tanto, sopesada, contrastada, verdadeira... Man Castro.

Debe ser persoa seria, sobria, que pode pasar desapercibida se é preciso; que se fai notar cando convén; que sabe ser e estar, en calquera ambiente e lugar... Man Castro.

Que no decurso da súa vida profesional, en algún ou en moitos momentos, se arriscou en aventuras informativas, de orientación, goberno, impulsión ou dirección dun medio informativo, que constitúe un risco aínda superior ao exercizo diario dunha actividade calada, sufrida, moitas veces incomprendida, arriscada... Man Castro.

Que se implica na sùa terra vital (Ferrol) en traballos de creación, investigación, difusión, publicación, divulgación, pero tendo moi presente as súas raíces, as dos seus devanceiros, unha terra chá inmensa cunha cultura determinada, mesmo con idioma propio (o galego da Terra Chá), que viviu tempos escuros e loita por asomarse a unha Europa polo de agora imprecisa pero que resulta ser o futuro imprescindible, conxeniando pasado e futuro, aldea e cidade, cultura labrega e industrial... Man Castro.

Man Castro Tomé, Trapeiro de Honra 2021 Despois do cavilado e dito, empezo a entender por que estamos aquí, co fervor da amizade e da admiración, do recoñecemento ao traballo e ao pensamento... porque hoxe a Man Castro invìsteno, investímoloo entre todos, como Trapero de Honra. Tiñamos que estar aquí, e estamos. Tiñamos que decir sin palabras, só coa presenza, que é un dos nosos; que estamos contentos desta distinción. Que estamos satisfeitos porque el ben pode estar satisfeito.

Teño enunciado unha apócrifa Parabola das Cereixas, que coido pode vir ben neste caso. Teño experimentado que cando un quere coller unha cereixa, sobre todo aquelas cereixas das nosas aldeas, que nunca viñan sóas senòn alomenos por pares, e unha trae outra... o mesmo que pasa cos amigos, cos parentes, que cando un recibe a un deles, van chegando tamén os que con el viaxan na vida...

A min pasoume con meu cuñado, Manolo Benedicto, curmán de Man Castro... De oirlle falar del, e logo de tratar con el, chegou a ser amigo... e a través del con outra xente, de maneira que xa poido decir como decían os nosos antergos e veciños vellos da xente de seu: Aínda somos algo parentes.

Eso coido eu que me pasa con Man, que a través de meu cuñado, aínda somos algo parentes. A primeira nova que tiven da existencia real, viva, de Díaz Castro, foi tamén de Manolo Benedicto, que me falou do padriño da sùa irmá Marisé, que escribía versos... e Man é parente de Díaz Castro... Xa me diredes se non teño razóns para pensar que pode ser verdade a miña Parabola das Cereixas.

O mestre de xornalistas que foi o benquerido Tuñas Bouzón, dicíame que un xornalista era un océano de coñecementos con dous centìmetros de profundidade. Neste c aso, Man Castro pásase... porque se o do ocèano de coñecementos é verdade, a profundidade supera os nosos iustrumentos de medición, e eso se só medimos a cantidade, a extensiòn, o volùmen.

Pero Man Castro presenta moita máis complexidade, porque a ese volumen de coñecementos suma o fervor, a dedicación, a sensibilidade, o agarimo, a querencia, a modestia...

Por iso hoxe investímolo TRAPEIRO DE HONRA... porque este premio honra a uhns devanceiros que se botaban ao mundo, deixando a tranquilidade das sùas casas, á aventura, para en terras daquelas moi lonxanas, falar e comerciar, gañar a vida dos seus arriscandoi a propia...

Teño dito que eu aprendíin o que eran os trapeiros e trapeiras dos Vilares cando miña nai, sendo eu moi neno, me falaba que no inverno á súa tera do Freixo nas montañas das Pontes, no monte Caxado, chegaban os trapeiros dun lugar mítico chamado os Vilares...

Naqueles Vilares de Parga existe agora unha corrente literaria e social
que, entre outros moitos cometidos impúxose a impulsión da memoria daqueles vellos trapeiros e trapeiras, lembrándoos, honrándoos, e nomeando Trapeiros de Honra a persoas de relevancia especial. Como Man Castro. Noraboa a Man, e noraboa aos dos Vilares, herdeiros daqueles trapeiros singulares aos que hoxe se lles fai xuztiza.

(Palabras de Xulio Xiz na entrega do premio Trapeiro de Honra ao xornalista Man Castro en Guitiriz, o 2 de outubro de 2021).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES