Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A última estrada

miércoles, 30 de julio de 2008
Poñamos que gracias a que Lugo está no camiño da Coruña ten autovía. Como antes tivo estrada do Plan Redia. Como antes...

Primeiro foi a estrada Nacional VI que ía cara Madrid e cara á Coruña. Levaba hora e media á Coruña e seis ou sete horas a Madrid aínda que os máis afoutados presumían de facela en catro ou cinco.

Pero logo veu o Plan Redia... Aquelo entendíase que era a solución definitiva... Ancheouse a vía, endereitáronse curvas, deixouse de ir polo medio das casas, abandonouse a ponte de Cruzul. Tardouse un pouco máis nalgúns tramos porque o firme non era tan firme como calcularan os técnicos. Pero ó fin rematouse fará -eu que sei...- pouco máis de vintecinco anos. Entendiamos que tiñamos Nacional VI para un século.

E aumentaron os coches en progresión case matemática. E deunos por correr máis en determinadas direccións. E como a Coruña había que atendela, pois houbo autovía case paralela á Nacional VI, que por certo tamén tardou máis do previsto en ser construída porque nalgúns sitios -neste caso, na Terra Chá- o firme non era tan firme. Eu non sei como os técnicos non teñen mellor técnica para coñecer o terreo que pisan.

E como moi axiña se perde a noción do tempo, porque as cousas boas góstannos a todos, aí temos a autovía que permite correr a 120 -algúns, bastante máis- e chegar máis axiña ós nosos destinos.

Viaxar hoxe pola N-VI, reducida ó tránsito local ou para a terceira idade conductar, é unha ledicia porque permite pasear, cruzar os pobos, ver xente...

E conviven as tres estradas... Por exemplo, antes de subir a A Castellana, hai a ponte pegada ó río da estrada vella, a ponte na Nacional VI xa a unha altura respectable, e a da autovía dominando as outras dúas.

Se non houbese autovía, non sei o que teríamos que facer. Porque agora, nas fins de semana, case vai chea. ¿Cal será a próxima vía, se é que hai próxima?. Seguro que a hai, porque esto non para. Pero do mesmo xeito que coa Internet coidamos ter completos todos os medios de comunicación posible, coas tres estradas coidamos tamén estar ó día por moito tempo.

A autovía, por agora, é a última estrada. Pero seguro que non a derradeira. E coa presa que levamos, a pesar da crise, un aínda confía en chegar a ver o seguinte escalón do veloz transporte.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES