Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 07 de octubre de 2021
Atrancos á agricultura
Aínda que hai xa dous anos que fixen a última vendima (aí atrás axudeille a un tío da muller a vendimar pouco máis de 30 cestos), sei que os viticultores estiveron días atrás en plena faena. Pero co gran problema de que non conseguían atopar vendimadores. Normal. A administración sempre puxo e pon todas as pégas habidas e por haber. As mallas, as matanzas, as vendimas e diversos traballos máis agrícolas sempre foron unha labor máis social que profesional. Eran traballos familiares, de amigos, de veciños, de coñecidos e a administración sempre puxo atrancos ata que acabou desfacendo esas marabillosas xuntanzas, esas impresionantes colaboracións. Pingas de OrballoQue algúns traballos si que se realizaban grazas a esforzos físicos descomunais, pero que se levaban máis ou menos ben grazas a esa harmonía humana.
As administracións sempre lles puxeron tachas ás labores agrícolas, a toda a agricultura. Non hai moito multaron a un labrego do norte de Lugo porque lle andaba unha vaca solta na estrada, sinalizada precisamente como zona de gando. Non podes transportar esterco porque deixa certo risco polos camiños ou estradas. Tampouco podes espallalo polos eidos e lameiros porque seica deixa un certo cheiro molesto (cando, en xeral, o ser humano está podre por dentro). Tes que levar as vacas de ramal porque, soltas, molestan ós coches, ou sexa, ás máquinas. E a máquina ten preferencia sobre o animal. Como debe ser! Claro que, despois, os políticos saen moi compunxidos nos medios de comunicación dicindo que o rural desaparece... Como non vai desaparecer!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES