Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O espectáculo contra o sentimento

lunes, 04 de octubre de 2021
O espectculo contra o sentimento Teño ganas de guerra. Volcán da illa da Palma. Espectáculo. Este é o tema co que quero disparar o fusil. Porque, seica, está mal que nos pareza un espectáculo. Porque, seica, unha ministra, creo, (agora mesmo tampouco quero intentar saber quen foi nin tan sequera se foi unha ministra) deixou escapar que era un espectáculo ver o volcán da Cima Vella ou de Cabeza de Vaca. Porque, seica, demais xente segue a falar de espectáculo e é aí cando certos listos ou espelidos aproveitan para lanzar cartas ós directores dos xornais denunciando que nos atraia máis esa espectacularidade que un triste sentimento cara ós canarios afectados que están a perder todo.

A ver, para calquera que teña un chisco de uso de razón, sempre estará por diante o ser humano (certo, hai algúns que non merecen o nome de ser humano e que case lle desexamos un certo mal, pero iso xa sería outra historia), e ante unha situación como a que están vivindo os habitantes da Palma, como non imos pensar que é unha auténtica desgraza, practicamente unha hecatombe; polo que nos doe de corazón o seu infortunio. Pero isto non vai evitar nunca que a explosión dun volcán sexa un verdadeiro espectáculo. Porque o é. A proba está en que aí seguen os medios de comunicación para ensinarnos esa espectacularidade, e, si, de pasada, deixan caer a desventura dos habitantes. A maioría das imaxes son sempre esas nas que a terra rebenta e cara ó ceo érguese unha luminaria que atrae. Como non vai atraer, se é impresionante.

Tamén me dá moita carraxe que o Etna ou o volcán de Hawaii ou calquera outro volcán que exista polo mundo adiante si son un auténtico espectáculo o ver como expulsan esa lava que se prende ós ollos. E sobre eses non nos importa un carallo o mal que poidan causar. Non sexamos hipócritas nin nos poñamos de samaritanos pensando que non nos interesa o benestar dos insulares canarios. Pero unha cousa non quita a outra. E nunca crerei a quen me diga que a explosión dun volcán non é vistosa, espectacular, impresionante. O que pasa é que ocorre o de sempre: queremos sacar rédito político ou chamar a atención indo de caritativos. Cos nosos. Que ós italianos ou hawaianos ou demais habitantes doutras fronteiras os parta un raio, ou mellor aínda, que os abrase a lava.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES