Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: Recuperar Tupide

martes, 29 de julio de 2008
A longa e lamentable historia das desfeitas na ría de Foz, que nunca rematan, acaso acaden a máxima expresión na masacre levada a cabo en Tupide, lugar que por desdita vai perdendo o topónimo autóctono en favor de Puerto Chico, traído de terras cántabras.

Ás xentes da nosa quinta, que o recordamos, non nos custa muito imaxinar todo aquel paraxe, dende o vello muro que leva á farola primitiva ata pasada a Casa do Mar, todo un areal, é decir, unha praia: era A Ribeira onde varaban as lanchas para desembarcar o producto das horas de mar, que ó son do “corno”convocaban ás pescantinas para a súa venta. Lugar tamén para os xogos infantís brincando polas lanchas, remando nos “botes”; para os chapuzóns, e tamén para emular ás embarcacións “de verdade” coas miniaturas construídas con latas que se conseguían nas fábricas de conserva e ás que se bautizaban cos nomes das que cada quen lle tiña maior querencia: “Villa de Foz”, “La Polar”, “Santa Ana”, “Huerta”, “Está Bien”, “Caovilar”, “Dominga”, “Lestegás”…

Pero un día chegou o avasallador cemento e pouco a pouco foi tragándose toda aquela beleza natural, engulindo a area, e deixando para a posteridade o testemuño do que nunca se debía haber feito. Algunha ventaxe aportou, pero foi moito maior o dano producido: ¿imaxínase, lector amigo, o que hoxe significaría para a nosa vila unha praia urbana que abarcara toda aquela extensión? Míre nas vellas fotos da parede da igrexa…

Hai algún tempo visitounos unha moza para falar con nós acerca da historia do porto: as razóns da decadencia da pesca, da desaparición do cabotaxe e demais desventuras. A conversa foi longa, porque o seu interese abranguía tódolos aspectos, dende os toponímicos, á evolución do porto e das súas instalacións, estadísticas de pesca e cabotaxe, os asteleiros, mesmo os naufraxios na bocana da ría...

Cando íamos polo remate do encontro preguntamos á rapaza:

-¿Por qué tés tanto interese en coñecer tan polo miúdo o referido ó noso porto?

- Na Escola de Enxeñeiros de Camiños da Coruña teño que presentar como traballo de fin de carreira un proxecto para a recuperación de Tupide ó seu estado primitivo

-¿E eso é posible?. Preguntei sorprendido, incrédulo e ilusamente esperanzado.

- Os meus profesores din que sí… ¡Nunca mais soubemos da moza nin do proxecto!.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES