Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viveiro, moito fandango... e soños de amor (6)

miércoles, 06 de octubre de 2021
O añorado Rallye humorístico internacional do xenial Modesto Iglesias.
Cóntase en Viveiro que hai unha droga, chamada Viveiroína, que consiste en vivir Viveiro a tope, sufrindo o dor que supón amalo, e que posiblemente a inventaran daquela os añorados Modesto Iglesias, Luis Poch (ambos descansen en paz) e outros compañeiros. Cómpre termar dela porque é moi aditiva.

Ao noso: Os viverireses novos descoñocen o Raylle. Sempre os pobos necesitan persoas capaces de traballar por eles arreo e para o disfrute dos máís. Por iso o Raylle era unha competición festeira onde o maxin, a creatividade, a simpatía, a comicidade... e sobre todo, o sentido do humor eran a meta dista argallada obra do noso xenial amigo Modesto Iglesias Seco. Il, cunha serie de colaboradores dos parrandeiros do Viveiro daqueles tempos, anos sesenta do pasado século, crearon ise espectacular carnaval festeiro admiración de moita xente.

O Raylle congregaba milleiros de persoas e traguía a persoeiros como o cantante Andrés Dobarro, Fernando Esteso ou aquil simpático vividor chamado Jaime de Mora y Aragón. Durou o tempo que Modesto estivo ó frente, que coido serían catro ou cinco anos.

O espectáculo en si consistía en someter o participante a unha serie de probas, xeneralmente improvisadas, argalladas coas peculiaridades máis absurdas, e ver como saía do embolado o suxeto en cuestión. Tratábase de proba-lo maxin, a creativiade, a improvisación baixo a mirada parrandera do humor. Despois os intentos dalgúns, quen tratamos de revivilo, non fructificaron. O listón do añorado Modesto estaba moi alto. Mágoa do Amigo e do Raylle. ¡Cántos Modestos necesitan as vilas!.

A Mostra Folclórica Internacional
Á miña amiga Mari Carmen Chipe:
Cando ambo-los dous voemos coma as geivotas polo ceo, cecais alguen descubra o exemplo do teu traballo e loita pola nosa Vila e lle día folgos para segui-la túa obra. Entón Tí serás o Sol que tanto nos falta.


Dicía, falando do Raylle, que fora argallado por Modesto Iglesias. Pois ben, tamén a Mostra é froito da constancia da nosa incombustible amiga Mari Carme Chipe. Os pobos, por máis que se usen tópicos dicindo que ninguén é imprescindible, sabido é que, cando desaparece a ialma mater de determinadas actividades, resulta moi traballoso recoller o testigo por moi boa vontade que haxa.

Hai persoas que teñen unha fortaleza, unha ilusión, e, sobre todo, unha capacidade de sacrificio tan grande que a súa personalidade faise contaxiosa. Despois son outros quenes tiran polo carro, ou polo menos intentano, conscientes daquela exemplaridade. Iso quer dicir que os pobos precisan sempre de persoas dinámicas e con personalidade que lideren grupos dispostos a traballar arreo polo ben común. Labor que require xenerosidade e moito sacrificio, así como ser capaces de superar as críticas e envexas de ruins e mediocres. E é isa a filosofía e a grandeza das persoas que dirixen hoxe o grupo Bágoas da Terra, unha institución artística, traballadora e consolidada.

Pois ben, no primeiro fin de semana de Agosto, Bágoas acolle, na Praza Maior de Viveiro, unha Mostra de fok nacional e internacional que congrega milleiros de persoas dispostas a disfrutar do arte de grupos vidos de todo o mundo. Son perto de cinco décadas nas que se ven celebrando iste espectáculo, que maxistralmente dirixe como presentador outro incombustible, o noso benquerido amigo Xulio Xiz, sempre disposto tamén a colaborar en eventos diste tipo.

As persoas que disfrutamos do arte na Mostra deixamos libre o maxin e abrimos as xanelas do espiritu para brincar no ar, xa sexa correndo pola selva africana, xa ceibando os pés nunha polca, xa sentindonos chicharriños chispando nun carabelo. A beleza dos pulos, os sorrisos, o colorido, o compás, a armonía, a creatividade doutra xente apousa en nós con ises retratos de beleza e agarima co seu labor as nosas ialmas. A música, o canto, a finura, a exquisiteza... nunha palabra, a sensibilidade, daquela xente aflora no ar da Praza e nace en nós unha flor, froito do alén daquela xente. Porque aqueles bailes son abrazos garimosos de persoas coma nós, sempre dispostas a vivir para o arte, sen outra satisfacción que doarnos a súa grandeza de espíritu. E o arte non é outra cousa.
A mín a Mostra alónxame da podedume social i érgueme por vieiros alleos na procura dun soños homildes, silandeiros, ledos... e bailo no Alén con pombas, gatos e cadelos. E dise xeito, disfruto polo mundo que amo e co quero vivir. Grazas, amigos, polo labor.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES