Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo de lecer en Galiza

martes, 29 de julio de 2008
Hai uns días estiven lendo na Internet un comentario sobre os turistas que veñen a Galicia facendo unhas recomendacións para que visiten certos lugares da terra galega. O asina con pseudónimo un tal Curmán do Fervello, coido que está trabucado dos lugares e pobos que el comenta. Por si le este comentario, lle recomendo que troque a ruta que propón e siga os meus consellos.

Xa que comezou o período estival, e con elo o tempo de lecer, as gañas de non rañala, tempo de non mover un dedo nin para coller un cigarro Lles comento a tódolos visitantes que queiran coñecer Galiza aconséllolles unha ruta turística alternativa.

Algúns trincan unha pasaxe de avión (poñendo a ferver a tarxeta de crédito VISA) e liscan a terras con ruínas, pedras a medio labrar e anacos de cousas sen identificar, exemplo: Centroamérica e países exóticos por iso dos Mayas dos Aztecas etc. Iso o poden facer en Galicia con menos cartos, inclusive recuperando o “bocata” de “tortilla francesa” ou española (o digo por isto da crises) e unha garrafiña de tinto de Barrantes. Se queren ver animais de pura raza galega teñen que visitar onde se cría o cabalo que algún “experto” di que é unha sinal de identidade do noso País. Se prefiren animais un pouquiño máis domésticos ( ollo, non me estou a referir a algúns políticos), falo da galiña de Mos, o can de palleiro ou o porco celta, todo isto con música de fondo. Non se esquezan de visitar tódalas festas gastronómicas, hainas a miles, aquí teñen a “papancia” garantida.

Hoxe na actualidade Galicia pode ofrecer algo moito máis marabilloso que os países que antes citei. Falo das ruínas, pedras, recendos, ríos e rías de cores. Poden visitar as pedras de “chalets” de Lira, as futuras ruínas das promocións de FADESA nas terras de Miño, preto de Perbes. “Chalets” deitados ao sol cara a Sada e así ata percorrer toda a costa, nestas visitas teñen o silencio asegurado para combater o estres.

Unha visita aos ríos podo asegurar que os recendos son moi perfumados, en especial o Río Ulla. Neste percorrido de Arousa atoparán “Bandeiras Negras”, non se asusten, son as sinais de ruta dos perfumes e dos vertidos que sedimentan nas praias para un bo baño de augas termais-salitrosas que lle cura a pel se teñen roñas. Non poden esquecerse de visitar os campos á beira dos ríos cunha agricultura intensiva sen control de vertidos aos ríos e rías, isto é unha modalidade ultramoderna que contemplaran con moito interés, xa que poden copiar desta experiencia para outras nacionalidades. Se practicades iso de mergullarse, veredes na Ría de Arousa tal cantidade de fango no fondo, onde co tempo converterase nunha gran obra de inxeniería “per se”. Non fai falla traer area e pedras para recheos xa que a mesma ría o fazará posible cun aforro económico impresionante. En isto da natureza somos únicos en tecnoloxía natural.

Para rematar visiten as obras faraónicas (non fai falla que vaian a Exipto). A saber, un percorrido polas obras da Cidade da Cultura no Monte Gaiás, proposta polo anterior Faraón da dinastía antiga, alí veredes como se a enterraron centos de millóns de euros, ou as obras faraónicas de A Coruña feitas polo último faraón-vaticanista, promete alucinacións sen fumar maría. Todo isto é posible grazas aos rezos e pregarias a San Caetano.

En fin, un verán inolvidable en Galiza
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES