Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Señor Santiago

lunes, 28 de julio de 2008
Festa-ponte do calendario resultou este ano o vintecinco de xullo, que se celebrou con entusiasmo nos varios centos de parroquias galegas que honran ó seu santo padroeiro, e con menos alborozo nas costas galegas porque o tempo reinante tivo os seus máis e os seus menos.

Se o Bng tivo a súa xornada de gloria na Quintana, encabezada por Quintana, logrando xuntar dise que vintecinco mil entusiastas, tamén o Psdg-Psoe celebrou a súa anunciada xuntanza congresual donde polo que se ve prácticamente todos saíron contentos.

Daquelas vellas loitas, manifestacións e algaradas da festa do Día de Galicia, conserva o Bng –aínda no goberno do país- esa firmeza reivindicativa que vale para todo: para toda Galicia, para indicar que seguen a estar cada vez máis vivos e en pé. Pero especialmente é válida e esta dirixida ós seus socios no goberno da Xunta, para quen Quintana proclamou na Quintana que encabeza unha forza que confía en liderar o país, e non ser complemento nin bisagra de ninguén.

Esto que para o Bng é por agora complemento ou bisagra, para a outra forza tamén enfervorizada esta pasada fin de semana é un difícil socio co que traballar por non ter en solitario abonda forza política para o goberno de Galicia.

Se fosen devotos os líderes destas dúas forzas, houbesen aproveitado a festa do Señor Santiago para pedir axuda para o futuro. Como parece que confían máis na motivación dos seus militantes, dedican a festa a pedir á sociedade galega máis forza para desembarazarse da forza asociada.

Mentras tanto, os galegos e as galegas a intentar torrarse ó sol.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES