Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 28 de septiembre de 2021
O noso salvador
Cornelio Esparza presentouse ó mundo voando sobre unha folla de loureiro. Ninguén sabía de onde viña nin de onde era. E moito menos por que aparecera. Simplemente aterrara na explanada da estación do ferrocarril de Baños de Molgas e dixo: "aquí Pingas de Orballoestou". Nin era guapo nin feo, nin alto nin baixo, nin gordo nin fraco, nin rubio nin moreno. Era Cornelio Esparza. O home que nos conquistou coa súa forma de ser e coa ollada, principalmente coa ollada. Tiña unha ollada especial, unha ollada que non tiña cor, unha ollada que ninguén sabía para onde miraba. Ó mellor deixábaa por aí perdida no espazo e no tempo.
Cornelio Esparza baixouse da folla de loureiro coma se fose o rei do mundo. Sentíase o rei do mundo porque nós o viamos coma o rei do mundo. O seu espazo era seu, o seu tempo era seu, o seu mundo era seu, o seu momento era seu. E soubo aproveitalo. Estirou a súa man esquerda, amosou o seu anel e nós, coma paspáns, coma paiolos, coma pasmóns, puxémonos en procesión para bicarlle os pés. E foi aí cando si se lle notou algo especial, incluso orixinal, na mirada: un brillo con máis cores que os do arco da vella. Precisamente nesa mirada que non tiña cor. O noso servilismo gustoulle, gustoulle tanto que, un a un, pasounos revista poñendo a súa man dereita sobre as nosas cabezas e soltando a ladaíña: "Son Cornelio Esparza, o voso salvador". Preñamos de felicidade e parimos bágoas emotivas moi semellantes ás do orballo. Cornelio Esparza sorriu.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES