Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: Os filandóns (II)

lunes, 28 de julio de 2008
Conforme tiñamos prometido velaí a crónica detallada da XI edición do Filandón de Músicas do Caurel celebrado o pasado domingo, nunha espectacular e inigualable paraxe, á beira do Lor, cabo da meirande ferrería de Europa e preto da Devesa da Rogueira. Un fermoso día que encheu de luz, cor e calor o gran ambiente familiar/fraternal e festivo que caracteriza dende hai once anos a todos os filandóns do Caurel.

Pola mañá, antes de comer, ao ser domingo, houbo misa na igrexa parroquial da vila (Sevane) e o tradicional desfile da Agrupación de Gaitas do Caurel, seguida dunha comida típica na que participaron os artistas da Zona, persoas e personaxes invitados, incluídos os representantes da Delegación provincial de Cultura e Deporte da Xunta, o alcalde do Caurel, cregos da Zona e moitos outros amigos e amantes do folclore chegados desde varios puntos de Galicia.

Polo serán, nunha paradisíaca paraxe, diante dunha tamén ben enmarcada paisaxe, á beira do río e ao son e ritmo do forte mazo da ferrería dos irmáns Locay inaugurábase o Filandón 2008. Unha rica e variada manifestación do ben facer dos artistas (cantoras, cantores, gaiteiros e grupos da Zona alternando con grupos da Comarca, Quiroga e Ourense. Todo mesturado e fundido non só co suave murmurio do río senón adobado tamén coas fermosas poesías dos poetas da Zona (Xesús Galán de Piñeira e Xesús Parada Jato de Meiraos) dignos sucesores dos poetas do Caurel, Uxío Novo/Neira e María Mariño, de feliz memoria.

Baixo a dirección de Manola Porto, locutora de Radio Principal e da TV de Monforte, amiga e veterana presentadora de varias edicións dos filandóns, desfilaron polo escenario/carpa unha manchea de artistas e personaxes. Coma sempre, comezou coa chamada tradicional ao festival facendo soar o “corno celta”, Xan de Vilar. De seguido, o poeta e escritor local, Ricardo Locay Aira, cunha a voz forte, fluída, cálida, clara e moi valente fixo unha chamada expresa á administración autonómica para que se tome en serio a promoción turística da Zona mesmo subliñando o xeito de facelo. ¡Non haberá salvación para o Caurel se non lle damos medios de vida! A continuación a avoa do Filandón, Dona Elvira Touzón Quiroga, de Santa Eufemia, (con 99 anos ás súas costas).mandou gravado un cálido saúdo, cheo de ánimo e de vida para os asistentes. Abriron a parte musical “Os Louceriños” (de Lóuzara) e no canto dos brindos do Ribeira de Louzarela (que non lle foi posible asistir) dixo unhas palabras, cargadas de ironía e de forza e razón xogando coa frase “¡O Caurel non existe!”) o crego de Louzarela.

Segue o rico, variado e multicolor desfile de artistas, con Domingo Balboa, o gaiteiro do Regueiro; Francisco Iglesias Touzón, do Carballal; Hilda e cantores de Ferreirós; cantoras de Vilar do Lor (Mercedes Rguez. Blanco e Lola Blanco); Cuarteto Courtier (Ourense); os gaiteiros do Carballal; Miriam Figueiras cun grupo de nenas (presentación dun CD Cantares Populares) se Ourense; Gaiteiros de Lino de Piñeira e de Pacios de Trala Serra; na Eira (dúo de acordeóns con Helena Sousa e Daniel Meiriño) Ourense e os Gaiteiros de Eiriz.

Na sombra, sen facer barullo pero sen perder tampouco ningunha puntada (¡porque ten bo fuso, mellor roca e...inmellorable fío!) o todoterreo, músico/gaiteiro, bo artesán e excelente organizador dos mellores filandóns do mundo. Falamos de D. Xosé Lois Foxo.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania