Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Marisol Bravos, pregoeira da diversidade

miércoles, 29 de septiembre de 2021
Un ten a sorte de ir atopando no camiño xente boa e xenerosa. Xente que abriu camiños tépedos de broza en circunstancias moito peores que as que nos tocou vivir. Xente que vén atrás para gozar do acadado pero tamén con ganas de loitar para que non se dea Marisol Bravos, pregoeira da diversidade nin un paso atrás e para que o porvir avance cara a liberdade e a diversidade.

Marisol é unha das persoas das que, dende hai anos, teño a honra de aprender, ademais de aprender de xeito distendido e igualitario, aprender baixo a pedagoxía do sorriso, que é o mellor xeito que ten a adversidade de atoparse e de superarse. Coido que a pedagoxía do sorriso converte a adversidade en diversidade abrindo novos xeitos de vida e de ledicia. Pois ben, Marisol leva toda a vida loitando pola inclusión da diversidade e por converter en vento favorable unha adversidade que a miúdo se empeña en abanear as velas do destino.

Que unha persoa como Marisol se dirixa a Lugo para iniciar as festas do San Froilán é moi significativo porque pertence a ese Lugo activista que leva toda a vida procurando unha realidade mellor. Un Lugo que se quere accesible e aberto á diferenza. Un Lugo que se quere solidario, atento a toda necesidade para implantar o benestar. Un Lugo cultural onde os puntos de encontro saiban a diálogo entre realidades distintas.

Este Lugo non sería hoxe posible sen Marisol e as compañeiras e compañeiros de militancia que hai xa moitos anos fundaron Auxilia e tiveron a ousadía de reivindicar o dereito ó traballo e ao ocio. Sen eles Lugo quedaría daquela descolgado da filosofía inclusiva, pero elas e eles souberon que a loita era larga e que ía haber derrotas, mais nunca será vencido quen non recoñece selo. Pois ben, aquí te temos Marisol desfrutando de ser pregoeira da nosa mellor festa, dicindo dunha maneira leda e agarimosa o que noutra altura tiveches que loitar. Sen saber como, sei que nas túas verbas estaremos todas e todos contigo na Praza Maior, andaremos latexando para vivir contigo un momento que tamén un pouco noso pola amizade e pola loita.

Grazas por todo Marisol, contigo estamos e contigo seguiremos a facer este longo camiño da inclusión.

Unha aperta desexando que desfrutes do momento.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES