Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viveiro, moito fandango... e soños de amor (5)

miércoles, 29 de septiembre de 2021
A Pedrito do Consignatario e Eduardo Lago (in memoriam), hermanos Cora, Fandiño e outros amigos e compañeiros daqueles tempos.

AS FESTAS DA MIISERICORDIA: LEMBRANZAS DO PARAÍSO

A ringleira de festas viveiresas segue no mes de Agosto. Realmente os nativos da bisbarra sempre consideraron o mes de Agosto coma o das festas, pois, sen desmerecer en absoluto, as de Xullo son propias de cada lugar. Istas son comúns para todos. A máis é o mes festeiro por excelencia.

As festas da Misericordia son relativamente novas relativamente novo froito do desenrolo da zona. Hoxe a Misericordia e Cantarrana están fusionadas e, se a primeira é máis anterga, a segunda é máis poboada. Daí a mistura.

A ubicación, no parque de Cantarrana, resulta ideal. Espacioso o lugar, e entre as árbores e coa pista no medio, con paseos para vagar e perto do mar, ofrece unhas posibilidades moi estimables para ser valoradas.

Pois alí. xa fai uns anos, nos primeiros días de Agosto, tocan as orquestas para deleite dos ciudadáns. Coido que, sen ter solera das outras, estaban chamadas a ser moi apetecibles e placenteiras. O Parque sempre foi o orgullo de Viveiro e, se ben sufreu algunhas transformacións ben intencioadas, require remata-lr o traballo e desenrolar as súas posibilidades e seguir a coidalo como lugar de lecer da Vila. A praia, aldraxada por obras que amosan a ineptitude dos responsables, require ser mellorada e revalorizada e amaña-lo desaguisado que supuxoeron unhas obras, toadas luces erradas, e que supuxo a perda da súa beleza.a cambio, uunha chea de dunas inservibles e unha area moura da que tamén ode ser responsable un saneamiento mal feito. Nunca é bó matar un paxaro para que coma o outro, senón darlle comida aos dous. Equilibrio entre modernidade e tradición. (A ver si aprendemos a mellorar as cousas sen destrozar o que é fermoso de natural) Cousas que vimos denunciando toda a vida sen ser escoitados. E algúns coñocimola limpa, con area fina e branca, sen apenas dunas, onde vivían longueiróns carneiros, e navallas. Culpables: os técnicos, os rexidores ó permitir o porto de Celeiro na actual ubicación e rematada despois coa escollera. E non sería por non avisar.

¿Pero non estaba a falar de festas? Perdoe o lector, pero aquela praia foi o noso berce e coido que se pode entender o noso door ante tal aldraxe.

O Parque era lugar de solaz, como dirían daquela. Engado eu: e de lecer. Comer no Parque unha tortilla ou uns chinchos, cun viño peleón, despois dun baño, era chegar ó ceo en parigüelas. Pero a felicidade distas cousas só estaba reservada á xente homilde da Vila. O arte de vivir compartindo, cantando, trouleando sen convencionalismos, só é patrimonio dos que saben vivir con xenerosidade e ser felices con pouca cousa.

E para remate dun día inesquecible o baile no serán naquela pista en medio da cativería leda e feliz. ¿A qué se pode aspirar máis? Ise era o noso gratísimo placer que disfrutamos na infancia. Despois veu o realismo tráxico, e ata máxico. Porque algunha daquela xente coñocía de primeira mao os medos sen nome, a anguria na carqueixa, o silenzo atado pola prudencia... Sí, o maldito cala a boca. Porque tamén había xigantes abusóns dunha ciudadanía traballadora e sumisa nos tempos da arbitrariedade e da opresión.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES