Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 24 de septiembre de 2021
Soño ou pesadelo?
Soñei que andaba perdido polas selvas do Orinoco e resulta que me encontrei paseando por entre os penedos da Cidade Encantada de Cuenca. Agora estou na Ponte das Cepas, en Baños de Molgas, contemplando o descorrer das augas do río Arnoia. Visto o visto, teño medo a que me vaia tirar desde tanta altura. A Ponte das Cepas de Pingas de OrballoBaños de Molgas fálase de que anda sobre os 48 metros de altura. Moita altura de Cristo! (Teño que pescudar canto medía Xesucristo. Xa. Uns falan sobre 1,70. Normaliño). A ver, se me tiro desde a Ponte das Cepas ó mellor saio ben parado. Unha vez tireime desde o campanario da igrexa de Baños de Molgas, a uns 30 metros, e non me pasou nada. Conseguín caer ben, incluso con certa elegancia, flexionando perfectamente as pernas e, rebotando, iso si, medio metro para o lado dereito. É certo que oín así coma un estralo no xeonllo esquerdo, pero debeu ser un tendón ou algo semellante que se queixou un pouco, pero nada máis. Lembro perfectamente que saín do atrio da igrexa aclamado polos veciños. Que iso é bonito, moi bonito.
Desde a Ponte das Cepas teño medo que o soño sexa real porque, a maiores da altura, está o propio río. Se non zoupo contra un penedo, máis seguro que afogue. Pois non sei nadar. Case é mellor que siga soñando que vexo alucinacións no deserto do Sáhara ou que me escondo detrás da porta dun cuarto de baño para observar o prohibido. Seguro que se verto augas menores desde a Ponte das Cepas libero os nervios deste soño que semella máis un pesadelo. Así é que vou mexar.

A miña velocidade
Inspirei con forza, con moita forza e durante bastante tempo. Para coller aire. E para calmar os nervios. Necesitaría toda a axuda divina, terrestre e paranormal para a aventura que ía cometer. Botei a correr. E empecei a unha velocidade que tampouco era normal para a miña idade. Corría tanto que a xente non me vía; tan só notaban como Pingas de Orballoabaneaban os coches e como eles mesmos (os humanos) se desprazaban uns metros. Á causa da forza da miña velocidade. Rachaba o aire de tal forma que, este, ó desprazarse, golpeaba a todo o que se puña por diante. Os piñeiros saían voando e ata os propios edificios das cidades polas que pasaba bambeaban de tal forma que máis dun pensaba en grandes terremotos, de forza 8 ou 10. Ou máis.
A esa velocidade pasei por tantos lugares e cidades que me é imposible nomealos. Sei que cheguei ó Polo Norte (porque facía frío) e nun chiscar de ollo xa estaba no Polo Sur (porque correra en dirección contraria). A miña velocidade seguía a ser inmensa e, o máis impresionante, continua. Sempre a mesma. Non cansaba. Non esprintaba máis. Daba igual que correse pola Pampa arxentina que cruzase o Himalaia. Subía os picos máis altos desta cordilleira á mesma velocidade que atravesaba as inmensas chairas ou planicies do Far West ianqui. A miña velocidade era tal que aínda non tivera tempo de expulsar o aire que acumulara nos pulmóns. Seguín correndo un tempo prudencial e parei cando a min me deu a gana. Ninguén se decatara porque non me vían.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES