Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Abella, poeta militante

miércoles, 22 de septiembre de 2021
Estimado Abella,

Es un dos que atopei aquel día máxico no que descubrín a nosa tribo de irmandade. Sempre me emocionou a túa voz, a túa maneira de ser e estar e a túa xestión da emoción que lle confire vida propia ao poema que ten a honra de pousarse na túa voz. Nela veñen os afectos máis queridos, aqueles que repousan na militancia compartida e na mutua comprensión das cousas da vida.

Todos os camiños que recorremos están impregnados de valores e conviccións pero non vale de nada facer un poema senón se pon en práctica. Todos os poemas se reflicten nos teus feitos, nos teus movementos, nos teus afectos. Por iso es fundamento imprescindible da tribo, como foi Manuel María, como foi Avelino e tantos outros que erguen forte a bandeira identitaria e solidaria onde colle toda clase de diferenza. Cando ti escribes un verso, érguese unha barreira contra a intolerancia e ábrese un amencer de cores diversas. Cando ti aloumiñas na palabra aos amigos, ergues bálsamos contra a dor e enches de forza o fol da alma. Cando ti falas, o mundo cambia e é posible outro mundo no teu falar. O teu falar coherente e máxico, onde a loita agroma no amor dunha rosa, fainos teimar sempre nos nosos soños de liberdade.

Agora que recolles nas túas mans as mans de Irimia, esas pedras sentirán o acougo do teu aloumiño e empezaranse a tecer en amor propio, porque é imposible, meu poeta, non namorar cando es ti quen describe a realidade.

Parabéns e que o camiño sexa longo cara a nosa Ítaca, da túa man, sempre da túa man.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES