Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Orballo Fecundo

jueves, 23 de septiembre de 2021
Oraballo é unha palabra moi galega, moi enxebre e de gran beleza.
Os galegos nacemos, medramos e morremos empapados de orballo boa parte da vida.
Os cataláns teñen "plugim" algunha vez.
Os vascos teñen "chirimiri" de vez en cando.
Os galegos temos orballo moi a miúdo.
Algunhas veces, abúrrenos; pero Galicia sen orballo, non sería verde, productiva e frondosa.
Non sería o xardín de España.
Non sería a Galicia que amamos todos.
O orballo fecunda os campos, dá vida á terra para que esta produza vedes pradeiras que alimentan ó gando e este devólvenos carne de primeirísima calidade, leite do melloriño, hortalizas e todo tipo de alimentos, pan sabroso como ningún outro; que son a ledicia do padal de propios e extraños: GALICIA CALIDADE.
Moitas persoas visitan Galicia tanto polos seus monumentos e pola súa cultura como pola súas exquisita gastronomía.
O orballo fecunda a terra e tamén o carácter galego.
Por eso o galego é dozura, é xenerosidade, é afabilidade, é apertura, é GALEGO.
Pois do mesmo xeito que o orballo fecunda a terra, tamén o "ORBALLO HUMANO" fecunda a calided das persoas ESPAREXENDO PINGAS DE "ORBALLO HUMANO" PODEMOS FECUNDAR MOITOS CORAZÓNS.

Os humanos igual que o resto dos animais estamos dotados dunha bomba moi duradeira que bombea sangue a tódolos recunchos do corpo ó longo de toda unha vida.

Pero tamén temos outra "bomba invisible" con capacidade para bombear toneladas e toneladas de "orballo fecundo" na alma dos nosos semellantes.

Esta "bomba" témola todos e podémola usar a calquera hora do día ou da noite...
E canto máis a usemos máis potencia ten, é unha bomba máxica.
¿QUÉ LEVA ESA BAMBA MÁXICA?
Esa "bomba máxica" fabrica moito amor; pero tamén pode fabricar moito odio.
Depende do uso que fagamos dela.
PARA QUE BOMBEE "ORBALLO FECUNDO NO CORAZÓN DAS PERSOAS" TEMOS QUE TER SEMPRE ABERTO O INTERRUPTOR DO AMOR.
-AMOR Á INFANCIA para que medre no amor e poida sementalo no futuro.
-AMOR Á XUVENTUDE para animala a prepararse científica e humanamente para que nos creen esas familias estables e duradeiras que todo botamos en falta.
-AMOR ÓS ADULTOS para que non se cansen de loitar por un mundo máis xusto.
-AMOR Á ANCIANIDADE como recompensa a tanto que deixa loitado nos tempos tan duros que lle tocou vivir.
-AMOR Ó MEDIO AMBIENTE que está moi ferido e non goza de boa saúde.
-AMOR A TODA A CREACIÓN que é a nosa casa común.
-AMOR A DEUS, sobre todo, para as persoas que nos confesamos crentes.

SE AMAMOS, IMOS "SEMENTANDO ORBALLO FECUNDO" QUE ANTES OU DESPOIS IRÁ DANDO OS SEUS FROITOS, PORQUE IRÁ CAENDO SUAVE E LENTAMENTE NAS PERSOAS DE BOA VONTADE ATA TRASFORMALAS EN MELLORES PERSOAS E TAMÉN MÁIS FELICES.
Tempo de sementeira é todo o ano, en calquera lugar e tamén en calquera circunstancia.
Todos temos algo que sementar porque todos levamos unha riqueza interna que seguramente nin somos conscientes a maioría das veces.
Tódolos días podemos facer algún descubrimento novo.
Uns minutos diarios de introspección iríannos moi ben.
Do que se trata é de dar froito, e froito abundante onde reine a paz e a fraternidade.
O demais é secundario.

"PAZ E FRATERNIDADE"
Este será o título do seguinte artigo.
Vostede leva no seu interior moito "orballo fecundo" para repartir.
Reparta canto máis poida.
Necesitámolo todos.
Graciñas.
E tamén moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES