Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pardiñas con pan e viño

jueves, 24 de julio de 2008
No verán seguen recuperándose mallas, que xa se converten nunha festa tradicional na Terra Chá: as de Meira, Os Vilares ou Insua. Ata hai lembranzas daqueles tempos de sega, coa recuperación do San Nicolás no Buriz. E, este ano, o Festival de Pardiñas, comeza cunha homenaxe á cultura do pan. Un bo aperitivo para saborear o miolo deste acontecemento cultural. O 1 de agosto, Volta e Dálle Teatro principia este certame co espectáculo: “PAN. Catro propostas arredor da malla”, unha iniciativa innovadora que mestura teatro e danza, así como a música ao vivo. A representación será no Campo da Feira de Guitiriz. Xa ás 12, na mesma praza, vai haber unha malla e un convite a pan da Terra Chá e de Cea, para crear apetito, para a representación da noite. Varios actores, van realizar accións teatrais de rúa, mallando e repartindo pan. É o resultado dun proceso de creación colectiva, dirixido por unha coreógrafa, cunha temática diferente, a tradición perdida das mallas, que acubillaba os valores da colectividade e do esforzo dentro da sociedade, eminentemente rural non hai tanto tempo. Catro autores, os muiñeiros maiores, Nazaret López, Lucho Penabade, Carlos Santiago e Ribadulla Corcón, achegaron a súa palabra, moldeada e peiteada polo espírito de diferentes ventos, os mesmos que enfortecen os trigais, antes da seitura, tecendo unha literatura, resistente a servidumes alleas, mantendo a frescura e vitalidade, que lle imprimen a música, a danza, a luz, as cores... Todo ensamblado nun mesmo escenario, pola maxia do director, Pepe Penabade. A peza é un xogo dramático, que fai brincar todos os sentidos, nunha festa sen fin: a do pan partido e compartido. Os catro actos fan mención ás distintas fases do proceso do pan dende a leira ata o seu consumo: A Sementeira, A Sega, A Malla e O Pan. Catro olladas totalmente diferentes e únicas. A representación está irrigada polos amplos caudais da sabedoría popular, os froitos do colectivo, a música e a literatura tradicionais: romances, cantigas... na voz de Mini e Mero. A cultura material enxergada nos labores do agro. Un sinal da tecnoloxía máis lúcida, que foron confeccionando xeracións de labreg@s e artesan@s no mundo rural. E con pan e viño faremos camiño ao Festival de Pardiñas.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES