Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A nosa Xunta

lunes, 20 de septiembre de 2021
A nosa Xunta Hai certos medios de comunicación que deberían ter algo de sentidiño ante o uso de certas palabras. Agora, ós que aínda non se vacinaron, dáselles por chamarlles "rezagados". E a palabra esta dáme a min que se usa cun certo ton despectivo, coma se eses "rezagados" fosen os culpables de estar aínda sen vacinar.

O luns pasado xa falei suficientemente sobre este tema, sobre a mala xestión da Xunta, como para volver de novo a el. Só digo que ó día seguinte da vacinación sen cita, os xornais falaban das colas en toda Galicia e de que a afluencia deses "rezagados" superara as expectativas. O que me dá para afirmar que non toda esa morea de xente era negacionista (o que se nega a vacinarse vaise seguir negando mentres non o obriguen), polo que non queda outra que asumir a mala xestión na vacinación.

Lembrade que o luns pasado admitía un, dous, cinco, incluso algún erro máis; pero colas, o que se di colas (e imaxino que sería nas catro provincias igual), iso xa se sae da lóxica. Aclarando; que o de "rezagados" non é porque un se negue ou porque un "pase un chisco" do asunto.

E xa que falamos de saírse da lóxica, tampouco sei moi ben como catalogar o tema, ou mellor dito, a relación da Xunta cos Bancos. Resulta que aquela vai subvencionar a estes para que instalen caixeiros naquelas vilas que, precisamente, os Bancos deixaron en pelotas, en porrancho ou coma os bois no monte. Logo de xogar cos nosos cartos e de facer negocios á nosa conta déixannos á intemperie, en coiros. Entón, para máis aquel, vai a Xunta, a nosa Xunta e usa fondos públicos para servizos (negocios) privados. Aí está a nosa Xunta.

Fai exactamente igual (aproveitando que estamos ás voltas coa vendima) que cando subvenciona ós bodegueiros en vez de ó propio viticultor. O viticultor que se busque a vida e, se non, que asegure as viñas, carallo. Que non é só cortar acios para vendelos logo a velocidade de cruceiro. Coma se estiveran tan ben pagados. Claro que todos sabemos quen son os últimos monos na agricultura. Non obstante, aínda haberá moitos que pensarán que iso de que certas ideoloxías políticas axudan máis ós empresarios que ós paisanos de a pé é unha verdade de pé de banco, unha carallada deses que se senten impotentes ante o éxito ou a boa saída doutros. Con axudas sae adiante calquera.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES