Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xubilouse Ferrín

jueves, 24 de julio de 2008
Ferrín, setenta anos, profesor, xubílase da docencia. É noticia, porque é un referente no mundo galego da escrita, e porque forma parte dun colectivo moi importante para a nosa cultura e o noso pobo pola incidencia que os seus numerosos membros tiveron e teñen na formación da mocidade e na difusión do idioma.

Hai no mundo agalego da educación nobilísimos exemplos de dedicación á promoción da lectura, da escrita e do idioma. Un dos máis destacados, quizáis, o profesor Xesús Alonso Montero que no seu paso polo Instituto Lucus Augusti de Lugo (Daquela, "Instituto Masculino"), provocou ou fomentou que aparecesen na literatura galega nomes como Fiz Vergara Vilariño, Darío Xohán cabana, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio e os irmáns Valcárcel entre outros. Posiblemente houberan xurdido máis axiña ou máis tarde porque a vocación acaba impoñéndose, pero todos eles recoñecen a Alonso Montero como o maior "culpable" da súa vocación e do seu éxito.

No mundo da educación son exemplo de escritores Paco Martín, xubilado desde hai un par de anos como mestre... Bernardino Graña, o do mar de cangas... e tantos outros que compaxinaron a creación coa educación, primordialmente porque escribir en Galicia aínda non permite unha dedicación plena, e tardará moito en permitilo.

A anoticia de que Méndez Ferrín deixa o seu Instituto Santa Irene de Vigo ven dada polo inexorable paso do tempo, pero significa unha perda importante para ese Instituto, para todos os seus educandos e para Vigo. Non en xeral para a cultura galega, porque Ferrín non é xubilable como escritor, como pensador, como galego, e deso seguro que afortunadamente seguiremos a disfrutalo moitos anos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES