Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Canto costa a felicidade?

jueves, 16 de septiembre de 2021
Se dun programa de televisión, se tratara; podería dicirse que esta é a pregunta do millón.
Pero non.
A FELICIDADE NON TEN PREZO.
Cando dicimos que unha cousa non ten prezo, non significa que careza de valor; significa que non hai cartos no mundo que a paguen.
Moitas das cousas que se poden comprar con cartos, son máis ou menos alcanzables; pero...

¿QUÉ PASA COAS COUSAS QUE NON SE PODEN COMPRAR?
¿Será porque non valen nada?
¡Claro que valen, e moito!
Pero se non se poden pagar con cartos...

¿CON QUE PODEN PAGARSE?
Aí está o quid da cuestión que moitas persoas non entenden.
Claro...
Nun mundo materializado e mercantilizado...
Non é de extrañar.

Por eso:
As criauriñas de hoxe en día téñeno máis difícil que nunca porque nacen comprando e pagando e nin siquiera ven os cartos, porque os seus proxenitores pagan con tarxeta.
PODEN PENSAR QUE SE TRATA DUNHA TARXETA MÁXICA.

Por outra bando nin hai tendas nin centros comerciais que vendan a felicidade.

A FELICIDADE LEVÁMOLA DENTRO DE NÓS; PERO A VECES "BOTÁMOSLLE CAPAS DE BARNIZ" ENCIMA E NON A PERCIBIMOS.

Botamos "capas de barniz" de cousas que confundimos coa felicidade: cousas pasaxeiras.
COUSAS QUE NOS PRODUCEN MOMENTOS DE ILUSIÓN; PERO CANDO A ILUSIÓN SE DESVANECE...
¡TODO É FUME!

Compramos un vestido hoxe, pasado mañá xa pasa de moda...
Tomamos un xelado, agora; dentro dun pouco temos máis sede...
Comemos un manxar exquisito, ó cabo dunhas horas xa temos fame...

De tal xeito que pasamos boa parte da vida con cousiñas así ou con outras perores: celos, envexas, egoísmo...
CEGÁMONOS CON CALQUERA COUSA PORQUE NON NOS ENSINARON A VALORAR O QUE VERDADEIRAMENTE MERECE A PENA.
¿Qué cousas merecen a pena?
QUERER E DEIXARSE QUERER.
Querer non é nada doado e deixarse querer tampouco.
Querer os outros quere dicir aceptalos coas súas manías.
Aceptar as manías dos outros a veces resúltanos costa rarriba porque nos esixen renunciar a moitos dos nosos carpichos; porque nós tamén temos manías.
Os nosos carpicos non os vemos; por algo di a Sagrada Escritura que é "máis doado ve-la palla no ollo do veciño que a viga no noso".

Con todo o difícil que pareza: é posible porque hai moitas persoas que se baleiran de si mesmas para darse ós outros.
Esas persoas coñecémolas todos: son persoas que comprenden moi ben como é a natureza humana e saben disculpar

ESAS PERSOAS SON FELICIES FACENDO FELICES ÓS OUTROS.

E hainas de tódalas idades e en tódalas clases sociais:
-Persoas que poñen dozura en todo o que as rodea.
-Persoas que sempre están alegres aínda que por dentro...
-Persoas que aceptan ós outros como son aínda que non comulguen coas súas ideas.
-Persoas que perdoan setenta veces sete.
-Persoas que ven nos outros: fillos do mesmo Creador.
-Persoas que saben ve-lo lado positivo da vida.
-Persoas que teñen ganas de vivir en paz por encima de todo.

Esas persoas andan polo medio de nós no supermercado, no traballo, no campo, na praia, na oficina, na igrexa, no cine...
ESAS PERSOAS VAN POLO MUNDO SEMENTANDO FELICIDADE GRATUITAMENTE AÍNDA QUE A ELAS LLES COSTE RENUNCIAS E SACRIFICIOS.
Pero esas renuncias e sacrificios van penetrando nas persoas igual que penetra o orballo na terra e vainas empapando pouco a pouco de bocadiños de felicidade.
Son persoas sementadoras de pingas de orballo fecundo.
"ORBALLO FECUNDO".
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola felicidade que me produce saber que le estas reflexións miñas.
Eso non ten prezo pero alimenta o ánimo.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES