Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medallas 'Light'

miércoles, 15 de septiembre de 2021
Non sigo moi a fondo o tema Deportes, pero si me vou decatando do máis notorio. Os xogos Olímpicos non pasaron desapercibidos e, moito menos, os Paralímpicos que representan o deporte asociado a historias de superación. Seguro que detrás de cada atleta hai un longo camiño. Semella que vou contracorrente porque cando me intereso máis fáltanme mencións na prensa, vexo menos noticias e as que vexo ocupan pouco Medallas 'Light'tempo. Notei algo así como certa pasividade nos medios de comunicación ante este acontecemento internacional.

Comezaron o día 24 de agosto cunha emotiva cerimonia de inauguración sobre a idea do que significa "ter ás" na que, por primeira vez, nunha pantalla ían aparecendo os 4400 nomes dos deportistas participantes. Doce días de competicións que rematan o día 5 de setembro cunha clausura marcada polo desexo dun futuro onde todo brille sen que haxa diferencias entre as persoas.

De non ser porque hai outras alternativas de información sería para dubidar se había medallas ou eran tan poucas que non desataban demasiado interese. Agardei a que remataran para comparar... Nos xogos Olímpicos España acadou 17 medallas (3 ouro, 8 prata e 6 bronce) e nos Paralímpicos 36 (9 ouro, 15 prata, 12 bronce e 131 diplomas olímpicos) mellorando os resultados de Río de Janeiro e ocupando o 13º lugar en número de medallas.

Sigo comparando... En categoría individual un deportista olímpico ten unha prima de 94000 euros por unha medalla de ouro, 48000 por unha de prata e 30000 por unha de bronce. Vaiamos agora a un deportista paralímpico: 70000 por unha de ouro, 35000 por unha de prata e 21000 por unha de bronce. Sobran as palabras, xa falan os datos. Se ve que non somos todos iguais. Só engadir que esta diferencia é responsabilidade de cada país. Despois de reivindicalo, o Goberno quere equiparar a prima dos atletas olímpicos e paralímpicos, pero matizando que "no sabe cuando se podrá conseguir". Sen un compromiso máis concreto quédase nunha declaración de intencións así que mal imos. Logo falaremos de Inclusión, de Igualdade…

É evidente que os xogos Olímpicos e Paralímpicos teñen moito ou mellor case todo en común: cerimonias, competicións, récords, loita, esforzo... Puntualizo algo en relacións ás medallas. Están feitas a partir de metais reciclados e xa se coñecen como as "medallas inclusivas". O deseño está cargado de simbolismo con detalles como Tokio 2020 en braille pensando nos deportistas con discapacidade visual ou fendas laterais para diferenciar o tipo de medalla. Inspiradas nos famosos abanos xaponeses representan as posibilidades e a brisa de variedade que desprende cada persoa.

Os Xogos Paralímpicos Tokio 2020 xa son historia. Regreso ás cidades de orixe, homenaxes por todo o alto cheas de boas palabras e a prepararse para os de París. Parabéns especiais para a nosa representante.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES