Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Las leonas del Guadalquivir

jueves, 16 de septiembre de 2021
Hai uns días, ao abeiro da hospitalidade de Merce e Lois, compartín xantar cun grupo de amigos en Ares, alcalde incluído, tendo como pano de fondo (unha escusa perfecta) as regatas de traíñas da liga E. Label na que participa con éxito a equipa da vila. Foi a desculpa porque a realidade era render tributo de amizade a un grupo de mulleres que Las leonas del Guadalquivirviñan de Sevilla representando ao colectivo denominado "Leonas del Guadalquivir", aí é nada!.

Son mulleres que loitan contra o cancro de mama, e unha das súas actividades consiste en remar nese río emblemático que da vida á fermosa cidade onde viven. ¿Remar? ¿E non poderían faceren outra cousa menos esforzada?. Por suposto que si, pero reman nunha embarcación de manga suficiente para que sexa difícil envorcar adquirida pola Universidade e posta a dispor do colectivo grazas as xestións de Juan Gavala impulsor do proxecto e mentor destas valentes remeiras que dous días á semana as podedes ver bogando polo río á veira da ponte de Triana.

E viñeron dende Sevilla para presenciaren a regata de traíñas da elite do remo e ao tempo promocionar a súa asociación con esa denominación tan loitadora de "Leonas del Guadalquivir", e a estableceren con Ares un nexo de unión co gallo de asentaren a filosofía da súa asociación. Impulsar en Ares un proxecto así coa colaboración do Club de Remo e do concello sería moi interesante. Xa veremos.

Angela Claverol do colectivo "leonas" e presidenta de AMAMA (Asociación de mulleres con cancro de mama) falounos do seu periplo vital deixándonos a todos abraiados pola maneira de contalo, cunha sinxeleza estrema e un sentido do humor cobizable. Rimos todos e un podería pensar: ¿como é posible banalizar con estas cousas? Pois Anxela non trivializa coa súa historia, cóntaa como é, coa vitalidade e o humor que atesoura, co seu xeito de velo e vivilo: todo un exemplo de muller vitalista.

Xunto a Anxela estaban as compañeiras Josefa Rodríguez, e a ferrolá M. Carmen Chao que exerce de patroa do bote nos largos polo río Guadalquivir. Unha equipa entrañable que se enfronta á adversidade cun ánimo envexable, un exemplo de vitalismo cun obxectivo claro e definido: pasalo ben e VIVIR.

Bogade forte amigas, bogade e levade á embarcación da vida a gañar regata a regata ao contratempo. Estades na liga máis dura do remo. Simbolicamente as tripulacións da Eusko Label, todos á unha, a remos alzados, vos están a facer un corredor de honra. Merecédeo. Abofé.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES