Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un feiral en cada pobo

miércoles, 23 de julio de 2008
Cada cidade e pobo importante de Galicia cóidase con dereito a ter un polígono industrial, un centro tecnolóxico, un recinto feiral... e toda unha serie de dotacións que a distingan ou alomenos a igualen ós núcleos circundantes.

O dos polígonos pode ser razoable se temos en conta que compre xuntar nun recinto con servizos as pequenas ou medianas industrias e determinadas actividades molestas, insalubres, nocivas ou perigosas.

O dos centros tecnolóxicos, que por agora son máis ruído que noces, está por ver o resultado de cada un deles, por encima do rebumbio que se produza desde os correspondentes centros de poder.

Quedan os recintos feriáis. Noutras autonomías deste estado, hai un só centro, poderoso, organizado, que concentra actividades comerciais con éxito e resultados. Aquí, en cambio, temos na Coruña, en Lugo, Ourense, Vilagarcía, Santiago, Silleda... minifundio comercial no que cada quen procura capitalizar o máis mínimo resultado favorable.

A Consellería de Industria ven de reflotar Silleda, que foi e aínda é o recinto abandeirado da promoción agrícola e gandeira de Galicia, pero sen conseguir rendibilizar as macroinstalacións construídas alí no centro do País.

Aínda que pareza imposible, imponse unha coordinación entre os diversos centros feriáis de Galicia, para non organizar as mesmas feiras nin coincidir en datas determinadas nin, en fin, facerse a competencia cando do que se trata é de conseguir a promoción comercial de zonas que na maioría dos casos precisan ser promocionadas con urxencia e de xeito importante.

Innovación e Industria ten moito que dicir, xa que é quen paga. Haberá que rendibilizar estes investimentos, que facemos entre todos, para que todos nos beneficiemos deles.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania