Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha mala xestión

lunes, 13 de septiembre de 2021
Unha mala xestin Un erro, dous erros, tres erros, catro erros... e aínda podo seguir algún máis, pero chegará un momento no que o erro se converta en mala xestión.

Errar é humano, pero seguir insistindo no erro é unha completa incompetencia. Así estivo a suceder coa vacina da Covid-19. Traballei 37 anos na administración e sei que se cometen erros, pero se os cometes todos os días ou todas as semanas é que algo falla. E no asunto da vacina cometéronse uns cantos, xa que desde que empezou a Xunta a vacinar a todo o mundo, case non houbo un día no que non lese na sección das Cartas ó Director dos xornais queixas de xente que se quedaba sen vacinar, por uns ou outros motivos. Entón, é o que digo, que unha ou cinco queixas son admisibles, pero xa cando son moitas, iso é unha pésima xestión.

Por hache e por be, por trapos ou por farrapos un dos meus fillos cada vez que intentou solicitar a vacina (durante un mes e pico), non houbo maneira! Tres chamadas telefónicas para dicirnos tres cousas distintas. Intento de cita no concello porque se falaba de que tamén se podía solicitar a vacina neles. Solicitude no centro de saúde, pero, como non debía estar anotado "nas súas listas", pois tamén a dar paus de cego. A última opción apareceu nunha dirección de correo electrónico que a Xunta puxo á disposición do paciente (citate@sergas.gal), á que lle mandamos, por suposto, unha solicitude. Logo de tres intentos contéstannos da seguinte maneira (ollo, que non ten desperdicio): "Buenos días. Desde este departamento no podemos tramitar su solicitud de vacunación. Pasamos sus datos al departamento correspondiente para que puedan gestionarla lo antes posible". Así, en castelán, para máis carallos.

A ver, se non se pode desde ese departamento, para que dan esa dirección de correo? Por que non dan xa directamente o correo do "departamento correspondente"? O mesmo que pasaba co famoso teléfono ó que dicían que chamásemos, para que o dan se non solucionaban nada? Xa digo, tres chamadas, e nada. Pero ó final, o sábado, por fin!, vacinouse, case se pode dicir que ilegalmente, pois foi sen cita, ou sexa, sen a legalidade das famosas recomendacións e dos correspondentes tramos de idade. Agora, o señor Feijóo seguirá botando as campás a voar presumindo do avance das vacinacións ou botándolle a culpa ó Goberno central por unha mexericada de nada. Coma Pilatos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES