Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Antón Tovar

lunes, 13 de septiembre de 2021
NO PASAMENTO DE ANTÓN TOVAR EN OURENSE
O 15 DE XUÑO DE 2004


Quixese te-la forza de Miguel
para chora-la morte de Tovar,
pero eu ben sei que estou lonxe daquel.

Eu tiven a fortuna de tratar
o inmenso e gran poeta esclarecido
e agora tan só teño o meu chorar.

Non podo imaxinalo falecido:
nós témo-la palabra pasamento,
que é pasar a outra vida, outro sentido,

pois négase tamén o sentimento
a morrer para sempre, cruel sorte;
e négase, tamén, o entendemento.

Loitaches toda a vida contra a morte,
meu Antonio Tovar, meu admirado,
buscando e anhelando sempre o norte.

Canta dor no teu ser, crucificado,
sumerxido na dúbida, sen guía,
e unha tristeza infinda no costado.

Nin razón che valeu, nin teoloxía,
para unha luz brillar no gran abismo,
unha luz que o teu ser sempre quería.

Meu Antonio Tovar, teu comunismo,
que, coma todo o teu, foi verdadeiro,
moito ten de cristián e de humanismo.

Fuches un Xob galego, tesoneiro,
sempre na busca dos porqués da vida,
e contra todo dogma manobreiro.

Na túa sociedade pervertida
- e miña - : ¡cartos, forza, hipocrisía!,
túa actitude brillou, comprometida.
Viviches fielmente na poesía
e no amor, cousas nobres e fermosas,
con entrega total e gallardía.

Poesía en galego e castelán, e prosas,
altas creaches, vello revoltado.

Cheguen a ti, cal ramo emocionado,
estas sentidas verbas eloxiosas.


Os Tilos, 27/marzo/2005


Xoán Xosé Fernández Abella


(Sumándome á petición que se fai das Letras Galegas para Antón Tovar, que as ten merecidísimas)
Fernández Abella, Xoán Xosé
Fernández Abella, Xoán Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES