Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Celebrando a Manuel María

miércoles, 08 de septiembre de 2021
Este sábado pasado o Instituto de Estudos Chairegos inaugurou unha estatua de Manuel María ao pé da Casa da Cultura de Vilalba en pedra de grá labrada polo creador Xosé Gómez de Bernardo, "Pepón", que nos fai lembrar a súa querencia pola vila e a súa contorna da que fomos partícipes en moitas andaduras E hoxe imos celebrar o cabodano do poeta no seu berce, e coma todos os anos levaremos unhas rosas vermellas ao sartego do noso guieiro Manuel María, as mesmas que estiveron a medrar no noso corazón, rexenerando cada xeira a nosa teima por acadar o compromiso e a lealdade do mestre: "sempre a rosa. Sempre". Grazas porque segues a alumearnos dende os "ollos alucinados" das Penas de Rodas, capaces de mostrarnos todo o país dende a tua tribo, coa mesma tenrura coa que tí emparentaches con todas e cada unha das nosas aldeas e vilas, dende o Outeiro da Terra Chá, sucando o Pai Miño, que endexamais nos separa, senón que nos une nunhas mesmas arelas: remediar os males do noso pobo común, e mentres nos deixamos envolver pola calma dos nosos ríos, espallaremos o pano na campa miñota de Santa Sabela para partir e compartir pan e queixo coa tua navalla afeita a transmitir vida e amizade, todo regado co viño de Amandi, outra das tuas paisaxes cantadas sen fin. "!que lixeiros de beber, que fonte de humanidá!", e así estreitando vencellos facemos "memoria da Chaira enteira", ao amparo dos rexos carballos que alongan as nosas raíces no tempo, e brindaremos ao vento a música dos teus versos e o alento dos teus latexos. E alumeados polas tuas navallas que reflicten a luz de cada amencer, seguimos partillando os teus dons e a tua sabedoría polos camiños do pais, polas "ruas do vento ceibe", ficando na tua lealdade, percurando que non esmorezan as chamas desa xenerosidade coa que espallan os froitos dos nosos eidos. E xa sentindo o recendo do outono, neste ano, partillamos a xenerosidade das tuas navallas con Xosé Lois García, o teu investigador e pregoeiro da tua escrita en todos os continentes e coa familia de Xela Arias que sempre nos acompaña neste convivio, polo camiño aberto polo seu pai Valentín Arias e a súa dona Amparo Castaño, os irmáns e o seu fillo Darío.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES