Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aprender, aprendendo

jueves, 09 de septiembre de 2021
Ninguén nace aprendido.
Todos temos que aprender.
Cada persoa aprende conforme á súa capacidade intelectual e ás diferentes situacións que lle vai presentando a vida.
A nosa propia natureza vainos dotando dos medios necesarios para ir aprendendo e tendo cada día máis autonomía persoal.

¿Cómo se aprende?
APRÉNDESE: APRENDENDO.
APRENDEMOS A ANDAR: dando os primeiros pasos xeralmente en busca de algo que nos chama a atención.
APRENDEMOS A FALAR: chapurreando as primeiras palabras mal como podemos; pero de modo moi gracioso.
APRENDEMOS A COMER: comendo en principio coas mans e pouco a pouco manexando a culler, o garfo e, máis tarde o coitelo.
APRENDEMOS A LER E ESCRIBIR: lendo e escribindo coa axuda dos especialistas na materia.
APRENDEMOS A CONDUCIR: conducindo acompañados dun monitor.
Asi, pouco a pouco imos aprendendo todo o que precisamos para a vida de cada día.
ANTES DE SER MESTRES NUNHA MATERIA, SOMOS ALUMNOS E, ANDANDO O TEMPO, TODOS SOMOS MESTRES E ALUMNOS EN ALGO.
A aprendizaxe leva tempo, constancia e dedicación.
Cada persoa aprende ó seu ritmo porque cada persoa nace dotada cunhas determinadas capacidades.
Cando queremos aprender algo temos que dedicarlle todo o tempo que precisemos; e cando nos resulta difícil, temos insistir tanto como sexa necesario.
Cando algo nos interesa temos que loitar con tódals nosas forzas sen regatear esforzos.
Por eso é tan importante animar ós estudiantes para que loiten ata conseguir os seus soños.
E non só ós estudiantes: todos precisamos que nos animen, sobre todo ante situacións difíciles da vida.
Ó longo da vida podemos presentarnos con problemas de todo tipo.
Quizais os problemas máis difíciles de resolver non son aqueles que aprendemos nas escolas ou nas universidades.
OS PROBLEMAS MÁIS DUROS SON OS DA SAÚDE.
A saúde é a riqueza máis grande que temos; pero…
¿A CONVIVENCIA NON PRESENTA OS SEUS PROBLEMAS?
¡Vaia que si os presenta!
Todos soñamos con sacar adiante unha profesión ou un oficio, pero…
¿Qué tempo lle dedicamos ó capítulo da convivencia?
Algún si, cando aprendemos a saudar, a circular polas rúas, a ceder o paso…
Pero a convivencia é moito máis.
O noso EGO é moi dado a “VARRER PARA A CASA” e cando nos damos conta: a convivencia salta polos aires.
Todos falamos con moito propiedade cando dicimos: “OS TEUS DEREITOS EMPEZAN ONDE ACABAN OS MEUS”.
Pero… ¿Onde está o límite entre o noso e o dos outros?
¿Quen marca eses límites?
Según o punto de vista do primeiro, márcaos o primeiro e según o punto de vista do segundo, márcaos o segundo…
Polo que: as diferenzas poden saltar en calquera momento:
-Entre pais e fillos.
-Entre irmáns.
-Entre compañeiros.
-Entre veciños.
-Entre viandantes.
-Entre amigos.
-Entre países.
-Entre todos.
Por eso ten tanta importancia ir pola vida aprendendo en todo momento en todo lugar e en toda circunstancia.
Canto máis aprendamos e convivir pacíficamente, menos roces teremos.
A menos roces, mellor nivel de convivencia.
A mellor nivel de covivencia, máis paz.
E canta máis paz, máis felicidade.
Como a felicidade é un ben que a todos nos gusta, teremos que pagala ó prezo que sexa.

¿CANTO COSTA A FELICIDADE?
Este será o título do seguinte artigo.
Antes de despedirme quero mostrar o meu agradecemento a todas aquelas persoas que me dan algunha lección de tantas que necesito.
Tamén quero agradecerlle que me tivera na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES