Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas Novenarias (4)

martes, 14 de septiembre de 2021
Os domingos novenarios
Hoxe é domingo. Falemos dos domingos nas novenas. Se estou farto de pregoar que os días máis importantes desta celebración mariana son os dous últimos, é dicir, o día 7, polo Rosario da Aurora, e o día 8, pola festividade da Virxe dos Milagres; tamén lle podemos engadir moi facilmente o domingo ou domingos que caen nestes dez días. É máis, desde hai xa un tempo, creo que o domingo que máis se achega ó día 8 acolle a moita máis xente que ó propio día día da Virxe. Por exemplo, este ano; estou case seguro que haberá máis peregrinos hoxe que o próximo mércores (o mércores moita Lembranzas Novenarias (4)xente traballa). Outra importancia máis dos "domingos novenarios": que todos os días a misa radiada era a das sete da tarde, menos os domingos, que se pasaba ás doce do mediodía. E tamén nesta adoitaba participar o bispo de Ourense.
Pero hoxe máis ben vou falar dos domingos polo impacto que supuñan nestas dúas décadas sobre as que me estou baseando nestas lembranzas, as dos anos 60 e 70. E aínda que nun dos relatos confesara que os coches se podían contar cos dedos das mans, hai que recoñecer que os domingos aparecían de non se sabía onde. Si, de toda Galicia e parte do estranxeiro. E debido tamén a que naqueles anos aínda non existía o aparcadoiro ó que eu lle chamo "O lameiro" (ese recanto que está entre eses dous ramais das pistas de Vide e da veiga de Francos), impresionaba ver as ringleiras de coches aparcados ás beiras das diversas estradas que hai polos arredores. Había domingos que os coches quedaban aparcados a máis dun quilómetro do recinto do santuario. E xa non digo nada cando o Día 8 caía en domingo; o quilómetro largábase a un par e os burros multiplicaban a presencia atados ós piñeiros do monte Medo.
Por iso, nesas décadas, o ir andando ós Milagres os domingos era como unha aventura máis a maiores, porque un xa non podía ir ó seu aire ocupando toda a estrada e porque o po era o gran inimigo da andaina (lembrar que neses anos a gran maioría das estradas estaban aínda sen asfaltar). Eses domingos tragabas máis po que nas propias mallas. Quedaba o aliciente, iso si, de que como empezaban a imperar os coches, sempre pasmabas un pouco ante eses modelos que non pertencían a un calquera. Tamén os domingos era o día da gran bicoca para os postos feirantes. Como se adoita dicir, no setembro facían o seu agosto.

O cumio de toda a contorna
Quedan dous días de novena e o Día 8. En total tres. Case explico por que me metín nesta danza, nesta camisa de once varas de escribir algo todos os días. O mellor exemplo que podo facer constar é usando á miña nai como guía. Resulta que nós temos a casa (que xa non é miña, pero sempre será a miña casa, entendedes?) pegadiña á igrexa de Baños de Molgas e, aínda así, para a miña nai como a Virxe dos Milagres non Lembranzas Novenarias (4)había. Vaiche boa; nin punto de comparación co san Salvador! Para un servidor, o día 6 de agosto, san Salvador, patrón de Baños de Molgas, é o día máis importante do ano. Pero é ese día. Mentres que Os Milagres... Os Milagres están aí sempre.
Normal que lle queira a Os Milagres; a miña nenez, infancia e xuventude paseina nese outeiro do Medo. Teño unha foto na que estou no colo da nai e vese ben que é na explanada dos Milagres, nas novenas. Cando os dous meus irmáns estudaron alí só se podían visitar ós domingos para levarlles a muda, algo máis de roupa e o que se puidera de comer (ou sexa, touciño, porque outra cousa...) e eu ben que oía ós outros rapaces do colexio "aí vén o Rivas pequeno". Que queredes, enchíame de orgullo. Xa me coñecían ben, de ir todos os domingos coa nai a visitar ós meus irmáns. Máis tarde, cando a min mesmo me tocou estudar alí (no chamado colexio novo), foron oito anos inmensos e intensos. Todos os estudos que teño realiceinos nos Milagres; bacharelato e COU.
E non chegando con todo iso... ano tras ano indo ás novenas. Ano tras ano, e fóra xa das novenas, achegándome tamén a ese recinto algún que outro domingo porque, a miña nai, o dito: como a Santiña ninguén. Botei nove anos en Madrid e aí si que fallei algún ano non asistindo ás novenas, ou polo menos a todas as novenas, dependendo, claro está, de como collese as vacacións. Pero tamén é verdade que non houbo ningún ano no que non deixara de escribir algo sobre esta celebración mariana; ou ben por medio dun diario que levo desde 1984 ou ben por medio de relatos ou incluso algunha que outra poesía. As novenas, en xeral, ou o Rosario das Antochas e o Día 8, en particular, sempre estaban na miña cabeza, no meu bolígrafo, nos meus cadernos. Non é de estrañar entón que estea tan apegado a un lugar no que botei (e se Deus quere, seguirei botando) boa parte da miña vida. Porque se, por exemplo, a burga e o celme de Baños de Molgas, Os Milagres é o cumio de toda a contorna.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES