Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os danos colaterais en Caldaloba

martes, 07 de septiembre de 2021
Degolados Pardo de Cela e o fillo, Xoán Núñez Pardo, en Mondoñedo, a súa filla, dona Constanza de Castro e o seu home, Fernán Ares de Saavedra, deciden seguir a rebelión do Mariscal contra a política dos Reis de Castela e facerlles fronte ás tropas do seu reino na fortaleza de Caldaloba. Sabían ben as consecuencias se perdían neste novo enfrontamento contra as tropas reais, pois a Pardo de Cela acababan de derrubarlle A Frouseira, de axustizalo xunto co fillo e de incautarlle todo o patrimonio, todo. A filla e xenro, pois, eran conscentes do que lles podía pasar. Pese a todo, metéronse en Caldaloba, torre defensiva onde as haxa, mais sen grandes posibilidades de contrataque. Non se renderon ante os Reis casteláns. Mais ao meterse en Caldaloba, con case toda probabilidade, agardaban axuda dos Andrade xa que Fernán Ares pertencía a súa casa –da que cobraba soldo–, así como tamén da xente da casa dos Saavedra –que estaba a un tiro de pedra de Caldaloba– e, por tanto, podían estar seguros dunha victoria senón non se meterían na torre para seren derrotados. Polo que pasou no remate do cerco, puido moi ben ser así. Mais os Andrade preferiron unirse ás tropas reais de Castela e combater a dona Constanza e a Fernán Ares. Había uns días que degolaran ao Mariscal e non fora que seguiran o mesmo camiño, mais Diego de Andrade ía ser o salvador en Caldaloba. Deposto o cerco e morta dona Constanza, dinos Vasco de Aponte que «Fernán Ares, que tam­bién adolesçio, fué ferido de una piedra de un trabuco, y de los otros, tres hombres sanos, muy bien los prendieron y justiçiaran si no les valie­ra Diego de Andrade». Fernán Ares non deixaba de ser un combidado de pedra pois a iniciativa de seguir a loita contra as tropas dos Comisionados reais castelás partíu dos Pardo de Cela e, ao depor as armas en Caldaloba, ía ser axustizado. Iso era o que estaba lexislado e o que se propoñía facer López de Haro. Mais Diego de Andrade pide ao Rei por el e polos que quedaron sans, e sálvalles a vida. E aínda máis, como segue poñendo Vasco de Aponte «Y por las cartas que se fiçieron entre el go­vernador y Diego de Andrade y Alvaro Gonçález, partieron toda su haçienda en terçias», isto é, como lle tocaba unha parte da facenda de Fernán Ares por axudar a combatilo, a súa dalla a Fernán Ares, así o recolle Vasco de Aponte «Y Diego de Andrade luego le dió su parte y lo reme­dió; y el rey le aseguró la vida porque le sirvio en la de Málaga, mas nunca le quiso ver». Por iso pensamos que Diego de Andrade podía acudir na súa axuda, mais probabelmente o medo a ser axustizado e perder os bens lévano a porse do lado dos Reis. Mais do que non se librou Fernán Ares foi da venda do seu patrimonio, que se fixo un 11 de Xuño do 1485 na praza das Cortiñas de Lugo. Os bens que se puxeron en poxa pública segundo documento recollido por don Eduardo Lence Santar foron "La feligresía de San Juan de Lagostelle e San Mamed de Nodar, ­San Pedro de Anafreita e Santiago de Míraz, e Santa Maria Anxeriz e Santa Maria de Saabedra y el Coto de Cela e rribademiño, e la feligresía de San Martíño de Lamas y la feligresía de Arcilla e carral y bobeda, e la felegresía de Santalla e San Breixamo, ­y los casares de liganto y el coto de Saa de fojaca con todo lo a ello y cada una cosa e parte dello anejo e perteneciente". Así as gastaban os Reis de Castela na pacificación de Galiza a base de coitelo, forcas, desfeitas e apropiacións de patrimonios. Agora tocoulle a Fernán Ares de Saavedra, home de Constanza de Castro, a responsábel de meterse en Caldaloba.
Meilán García, Antón X.
Meilán García, Antón X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES